O CONTO DE
HOXE É: TOPITO TERREMOTO
Autora: Anna Llenas Editado
pola editorial Beascoa
Videoconto extraído da canle de
youtube “MacProfe”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Topito é moi nervioso, despistado, torpe…
cólganlle tantas etiquetas negativas que nin el mesmo sabe xa quen é. No cole e
na casa queren axudarlle, pero non saben que facer para que non estea sempre
tan nervioso, ata que Berta, unha maga moi especial, consigue atopar unha
solución!
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Anna Llenas, a autora do conto, ten na súa páxina web unha lapela de
“recursos creativos” onde, entre outras propostas, podemos atopar un caderno de
traballo de Topito e uns recortables para facer toppings e decorar as nosas
madalenas caseiras (ou para facer un teatriño coas personaxes). Premede nas
imaxes para poder descargar os PDF, pero lembrade que non tedes que facer o
caderno enteiriño (ten moitas moitas páxinas.. pero son para que podades
escoller as que máis vos gusten).
CADERNO DE
TRABALLO DE TOPITO TERREMOTO
TOPPINGS
PERSONAXES TOPITO TERREMOTO
EL
MUNDO DE RUKKIA. CONTA E SUMA CON TOPITO: Neste blog atoparedes un material moi
interesante para traballar o conteo, o recoñecemento numérico, a asociación
número cantidade, a descomposición numérica e as sumas, baseado no conto de
Topito Terremoto. Premede na imaxe para baixar o PDF. E para ver como podedes
traballar con este material entrade no seguinte enlace:
THE
BIG BAG TEACHER. TOPITA TODOTERRENA: No blog de “The Big Bag Teacher”
podedes coñecer a Topita Todoterrena, unha amiga de Topito. Ela é unha topita
forte, alegre, divertida… atrevédesvos a facer a Topito e Topita empregando
cartón, cola e rotuladores? Mirade que faciliño é (premede na imaxe).
A Topito
en cartón podedes atopalo no seguinte enlace:
E se queredes saber algo máis de
Topita podedes acceder ao blog no enlace que aparece a continuación. https://thebigbagteacher.com/2019/07/04/topita-todoterrena-2/
PSICOAYUDA INFANTIL – BOTE DA CALMA: Para rematar, propoñémosvos
esta actividade moi relaxante, o bote da calma que nos axudará a controlar
momentos de nerviosismo, rabia ou frustración. É moi sinxelo de facer e
serviranos neses momentos nos que nos custa estar tranquilos axudándonos a
concentrarnos e relaxarnos. Animádesvos a facer o voso bote da calma? Premede
na imaxe para vela máis grande e poder seguir o paso a paso ou premede no
enlace para acceder ao blog Psico Ayuda Infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario