viernes, 31 de marzo de 2023

Semana da prensa

 Durante a semana da prensa traballamos nas aulas de infantil con xornais nos que tivemos que buscar as letras dos nosos nomes, buscar vogais maiusculas e minúsculas… e rematamos cunha provocación artística con xornais no ximnasio do centro. 

Foi divertidísimo deixar voar a nosa creatividade e crear esculturas, montañas, edificios… e como mostra un collage coas nosas creacións : 



Rematamos o proxecto da auga

 Poñemos fin ó proxecto da auga pero non é un punto final xa que nos sirve de introdución para o proxecto que levamos a cabo todo o centro: Quiroga, terra de ríos 💚

Rematamos coa elaboración dun filtro de auga que transforma auga sucia en auga limpa, e falamos da auga non potable e da potable, descubrindo a importancia da mesma. 

Para a creación do filtro usamos: unha botella cortada pola metade na que botamos algodón, area e pedras. 

 Para simular a auga sucia utilizamos auga tinguida de tiza e restos de maleza.

Unha vez feito o filtro botamos a auga sucia e… tachan! Saiu limpa! O noso filtro funcionou! 

 




,



viernes, 10 de marzo de 2023

O coidado da auga


Seguimos traballando no noso proxecto e durante esta semana falamos moito da importancia de facer un uso responsable da mesma. Para iso puxémonos a pensar en accións sinxelas e cotidiás que podemos realizar nas nosas casas e que teñen unha grande implicación no coidado da auga. Accións coma pechar a billa cando cepillamos os dentes, non tirar lixo no wc, reutilizar a auga para regar as plantas… 

E para darlle un toque de emoción fixemos un xogo de cooperación por equipos no que tiñamos que facer trasvases de auga intentando non malgastar a auga. 

Isto requeriunos dunha dose de colorante, outra de concentración, coordinación, traballo en equipo e sobre todo… moitas risas!!! 



viernes, 3 de marzo de 2023

Onde hai auga?




 Esta semana descubrimos lugares do noso planeta Terra 🌏 onde hai auga, coma nos ríos, mares, lagos, nubes…  Entre tantos que vimos o que máis nos chamou a atención foi ver a foto dun glaciar.

 -Que pasada! Parece unha montaña de xeo!

- debe estar moi frío!

- É branco e azul!

Dicían emocionados 

Así que como non podemos ir ata o glaciar, que veña o glaciar xunto  nosa! 

Nunha bandexa con xeo botamos sal e puidemos ver como este empezaba a derretir, botámoslle un pouco de cor azul e… cada vez parecíase un pouco máis a un glaciar! Pero… faltáballe algo! Ah si!! Poñer un xeo sobre outro coma se fose unha montaña ben alta e… tachaaaaan! O noso glaciar apareceu 🤍