Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, COÑECENDO A XELA ARIAS

Feliz día das nosas letras! Hoxe ensinámosvos as chapas de Xela Arias que fixemos en infantil para celebrar este día. Ademais, compartímosvos o vídeoclip da canción "Darío a diario" na que A Banda da Loba versiona os versos desta autora. Agardamos que vos gusten!









lunes, 18 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Autor: Ricardo Carvalho Calero  Editado por Edicións Embora


Vídeoconto extraído da canle de Youtube STEMVILA VERDE MOURE

Ademais, queremos compartirvos a canción do conto creada polo mestre Iván Vale.


Vídeo extraído da canle de Youtube Kókiti

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Esta pequena historia conta como Ricardo, nunha tarde de choiva, intentou meter ás pitas dentro da casa… Non quería que se acatarrasen con tanta auga que lles caía por riba. Aínda que ao principio o pai de Ricardo lle dicía que volvera para dentro porque as plumas das pitas eran impermeables, todos os da casa acabaron axudando. Conseguírono, iso si, acabaron mollados coma pitas!


ACTIVIDADES RELACIONADAS: Nesta ocasión aproveitamos para enlazar as actividades propostas que están á nosa disposición en  diversas webs como “Aulas Galega” e “A Primavera das Letras”.

AULAS GALEGA: Enlazamos un PDF onde podedes ver a biografía de Ricardo Carvalho Calero e varias actividades apoiadas con pictogramas. Preme na imaxe para descargar o PDF elaborado por Milinha.


A PRIMAVERA DAS LETRAS: Nesta web atoparedes moitísimas actividades (a maioría para nenas e nenos máis maiores). Podedes acceder (premendo na imaxe de abaixo) e explorar todas as súas propostas.


Pero nós deixámosvos aquí dúas que nos parecen máis axeitadas paras as nenas e nenos de infantil.

Preme na imaxe para descargar o PDF cos coloreables:


Preme na imaxe para acceder á actividade interactiva sobre o conto “As pitas baixo a Choiva”


Agora queremos propoñervos que fagades un experimento científico… Lembrades que Ricardo quería protexer ás galiñas da choiva? Pois, que vos parece se conseguimos facer choiva dentro dun frasquiño? Animádesvos?


Experimento extraído do blog “Laughing Kids Learn”. Premede no enlace para acceder.


E xa por último, por se queredes coñecer un pouquiño mellor a Ricardo Carvalho Calero… que vos parece se volo contan Os Bolechas? O Portal da Lingua Galega permítenos ver o conto, Premede na imaxe!.

sábado, 16 de mayo de 2020

AS NOSAS LETRAS

Feliz día das Letras Galegas! Este ano dedícaselle a Ricardo Carballo Calero que, cando era neno, se sentía feliz e libre na casa Os Tumbos. Aquí están os lugares nos que vos sentides felices e libres vós. Moitas grazas por compartilos!





E para celebrar este día deixámosvos unha canción de Paco Nogueiras do seu libro- disco Brinca Vai! Agardamos que vos guste!

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE… GALEGA!

Mañá domingo celébrase o Día das Letras Galegas, polo que este fin de semana queremos propoñervos un achegamento lúdico á arte e artistas da nosa terra. De seguro que se facedes unha investigación sobre a arte galega atoparedes moitísima información e moi interesante. Nós fixemos unha pequena escolma que agardamos vos faga pasar momentos divertidos xuntos. Escollede o que máis vos guste, que pasedes un fin de semana xenial!

A CERÁMICA DE SARGADELOS: A cerámica de Sargadelos é coñecida en todo o mundo. As súas vaixelas, xoias, figuras… son moi especiais tanto pola cor azul cobalto que empregan como polos seus deseños. A nosa proposta é que vos convertades en artistas transformando pratos de papel en vaixelas de Sargadelos. Para conseguilo só necesitades pratos de papel e témpera azul (como vedes o azul cobalto é moi intenso, así que se non tedes tempera tan escura podedes mesturar un pouquiño de negro ao voso azul). Na imaxe tedes algúns deseños de Sargadelos, podedes facer algúns deles ou inventar uns novos!


ILUSTRACIÓN GALEGA, LEANDRO LAMAS: Na actualidade hai moitísimos ilustradores e ilustradoras galegas que fan uns traballos preciosos e moi orixinais. Hoxe queremos presentarvos a un deles, Leandro Lamas. Podedes colorear as súas láminas (premede na imaxe para descargala) ou ben atrevervos a ilustrar coma el, seguro que vos sairá xenial!

Mirade que ilustracións tan coloridas fai Leandro! Podedes velas en moitas portadas de libros, discos, murais, carteis… 


PREME NA IMAXE DE ABAIXO PARA DESCARGAR O COLOREABLE


PINTURA GALEGA, JULIA MINGUILLÓN: Xulia Minguillón era unha pintora figurativa lucense, figurativa porque as cousas que debuxaba recoñecíanse moi ben. Os seus cadros representaban escenas cotiás, mirade!


A continuación deixámosvos este cadro: “Escola de Doloriñas” para que o convertades nun crebacabezas (lembrade seguir as liñas de puntos moi amodiño). O orixinal podedes velo no Museo Provincial de Lugo. Premede na imaxe para descargar o PDF


ESCULTURA GALEGA, CAXIGUEIRO: E se vos atrevedes coa escultura presentámosvos a un escultor de Mondoñedo, Daniel Río Rubal, coñecido como Caxigueiro. Se queredes coñecer un pouquiño a súa obra premede na imaxe. E xa sabedes, podedes crear as vosas propias esculturas empregando materiais da natureza, barro, plastilina, material de refugallo.. Animádesvos?

martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.

                                   Pinchando na imaxe podedes descargar o documento: