viernes, 27 de enero de 2023

Os estados da auga!!!

 Continuamos co noso proxecto sobre a auga. Neste caso, durante esta semana, investigamos sobre os estados da auga. Comezamos vendo un vídeo explicativo, para logo facer un xogo de clasificación de imaxes en relación ao seu estado líquido, sólido ou gaseoso. 

Rematamos a semana, facendo unha visita a dúas instalacións do cole!!!

Primeiro visitamos a sala de profes para meter un recipiente de auga líquida dentro do microondas. Un toque de calor e....tachán!!! Converteuse en estado gaseoso a través do vapor que saía do recipiente.

Logo fomos ata a cociña, para ver que pasaba se metemos a auga líquida dentro do conxelador...

Novamente maxia! Converteuse en estado sólido!!!

Finalmente aproveitando que eses xeos tiñan un toque de cor, realizamos unha obra de arte con eles!!

Que nos deparará a semana que ven???





sábado, 21 de enero de 2023

Novo proxecto!!!!

 Esta semana arrancamos cun novo proxecto nas aulas de infantil!!!!

A partir do PDI da biblio "Quiroga terra de ríos", nace o primeiro proxecto do curso: A AUGA! 

- Que é a auga?

- Ten olor? E sabor? E cor?

- Tinguimos a auga para darlle cor.

- Exprimimos un limón e unha laranxa para darlle olor e sabor.

- Experimentamos coas cores e as froitas.

Ata onde nos levará a auga....???

Continuará






lunes, 16 de enero de 2023

Día de experimentos!

 Hoxe foi un día moi divertido e intrigante!!!

Varios alumnos e alumnas do IES de Quiroga viñeron a xogar con nós!! Neste caso, tratouse de diferentes experimentos que previamente traballaron na aula. 

Foi incríble ver como a ciencia actuou diante dos nosos ollos coma se dun truco de maxia se tratase! 

Ademais compartir esta experiencia con nenos e nenas máis maiores, foi moi enriquecedor !!!

 Esperamos que voltedes outro día!!!







jueves, 12 de enero de 2023

Contacontos en familia!

 Hoxe tivemos unha gran sorpresa no cole! A mamá dunha amiguiña, Valeria de 5 anos, veu a visitarnos para contarnos un conto!!! Nesta ocasión o conto elixido foi "Sandy la Jirafa"

Que ilusión nos fixo!!!

Esperamos que pronto outra mamá ou papá veñan a contarnos outro conto!!!!