O CONTO DE
HOXE É: PACO PAPÁN
Autores:
Patacrúa (escritora) e Evelyn Daviddi (ilustradora)
Editado en
galego por OQO Editora
Conto extraído da canle de youtube
“Taxi Roberto Burela”
BREVE INFORMACIÓN
DO CONTO: Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS:
Paco necesita axuda... Este Paco non fai nada de proveito... Agora perdeu un obxecto cada día que traballou... Axudádeslle a atopalo?
E tamén esqueceu a paga que gaña cada día... Que despistado! Axudádeslle a recordalo?
Premede nas imaxes anteriores para descargar as fichas en PDF (recordade, se non podedes imprimilo tamén se pode facer na pantalla do ordenador).
Sete días ten a semana... Cada día da semana Paco Papán cambia de oficio... Por iso, propoñémosvos unha rima para recordar o nome dos sete días. Agardamos que vos guste! Premede na imaxe para descargar a versión en PDF.
E se vos gustou... Que vos parece se facedes un listado dos nomes coloreados da cor que nos di a rima? Podedes facer o voso ou imprimir os letreiros que vos deixamos aquí abaixo. Elixide!
5 diferenzas... O conto ten un final moi feliz para o noso protagonista tan traballador... Para celebralo deixamosvos un pasatempo que vos encanta!
E nunha celebración... Non pode faltar a música! Esperamos que o pasedes moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario