O CONTO DE HOXE É: UN CAN E UN GATO
Autora: Paula Carbonell Ilustrador: Chené Gómez
Editado en galego por OQO Editora
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Un can e un gato coñecéronse. O gato dixo , miau! O can
dixo guau! Pero non se entenderon. Dous animais atópanse, xogan, enfádanse,
sepáranse, bótanse de menos e volven a xogar. Na idade infantil é moi común
vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións.
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
O gato dixo, miau! O can dixo, guau! Para comezar propoñémosvos un vídeo para adiviñar que animais soan, a ver que tal se vos
dá!
Vídeo extraído da canle da Mestra de AL Eugenia Romero
Pero non se entenderon... Como se ían entender? Son tan diferentes... Para descubrir en que se parecen e se diferencian os cans e os gatos propoñémosvos unha pequena investigación. Podedes buscar información e cubrir as fichas con palabras ou debuxos. Premede na imaxe para descargalas.
Aquí podedes ver un exemplo dunha ficha de investigación sobre os coellos cuberta. Animádevos!
Papiroflexia! Como manualidade propoñémosvos facer o can e o gato con papel, é moi sinxelo. Mirade as imaxes! Veredes como ó final o can e o gato non son tan diferentes...
Imaxes extraídas de https://origami-amazing.blogspot.com/2011/10/origami-dogface.html?m=1
Dominó! E para rematar deixámosvos un dominó de animais para imprimir. Recortádeo e xa podedes xogar en familia,
será moi divertido! Premede na imaxe para descargalo.
Recurso extraído de https://www.bloghoptoys.es/el-domino-animales/
No hay comentarios:
Publicar un comentario