O CONTO DE
HOXE É: O GRÚFALO
Autora: JuliaDonaldson Ilustrador: Axel Scheffler
Editado en
galego na Editorial Patas de Peixe
Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto
Burela”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Un pequeno ratiño atópase polo bosque cun
montón de animais que o queren comer… pero o seu enxeño fai que todos eles
acaben marchando porque lles conta que quedou para xantar cun terrible animal,
moi perigoso, o Grúfalo. Será real ese animal tan terrible? Teredes que ler o
conto para adiviñalo.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Este conto converteuse nun clásico da literatura infantil e por
ese motivo na rede podedes atopar infinidade de recursos para traballalo e
divertirvos coa historia e os personaxes. Nós deixámosvos un miniproxecto de elaboración propia pero tamén, máscaras e xogos imprimibles, manualidades e un vídeo moi
especial no que a autora Julia Donaldson e o seu marido Malcolm interpretan a
canción do Grúfalo empregando signos! Agardamos que o pasedes xenial!
Preme na imaxe para poder descargar o
PDF coas actividades impresas.
E aquí
tedes un documento en PDF que podedes imprimir (orixinal da Editorial
MacMillan). Nel aparecen imaxes para facer un xogo de parellas e tamén as
máscaras de todos os personaxes do conto, só tes que imprimilas, pintalas e
recortalas! Preme na imaxe.
E nesta imaxe podedes ver ao Grúfalo
feito con diversos materiais.
E o que vos poñemos a continuación
parécenos moi interesante! A CANCIÓN DO GRÚFALO interpretada con signos por
Julia Donaldson (a autora do conto) e o seu marido Malcolm. Está en inglés pero
pensamos que é moi moi divertida e fácil de seguir, non a perdades!
E xa por
último tamén podedes contar vós o conto coas marionetas imprimibles e recortables
(orixinal da Editorial MacMillan). Premede na imaxe para acceder ao PDF
Ou facendo
un teatriño coas personaxes feitas con rollos de papel como se ve na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario