Mostrando entradas con la etiqueta conto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conto. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: RANA DE 3 OJOS

Autora: Olga de Dios    Editorial: Apila


Vídeo extraído da canle de youtube "La caléndula"

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dunha reflexión sobre o estado do noso planeta, que transmite o que significa vivir na sensible pel dos anfibios, un dos grupos animais máis amenazados do planeta.
Este conto pretende ensinar aos máis pequenos valores como o consumo responsable e o respecto cara a natureza. Pero tamén trata sobre a diversidade, a igualdade de xénero e a transmisión de cultura e coñecemento. E todo isto a autora faino cuns personaxes e unhas historias que enganchas aos máis pequenos/as.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para traballar este contiño deixámosvos un pequeno proxecto, algunhas manualidades e a canción sobre o conto, que sabemos que vos gusta moito!

Miniproxecto do conto. Premendo na imaxe podedes descargar o PDF.

No PDF que vos deixamos a continuación, elaborado por SOGAMA, podedes ver que temos que meter en cada colector. Podedes velo premendo AQUÍ.

RECICLAMOS E REUTILIZAMOS
Para este conto atopamos unhas actividades na páxina https://gramho.com. Como xa dixemos este conto fálanos de coidar o medio ambiente, a produción innecesaria continua e a posibilidade de reutilizar, e diso tratan estas actividades. Con rolos de papel hixíenico e uns aros de cartón preparan todos estes xogos e actividades.
Pinchando na imaxe podedes ver o PDF coas propostas de xogos e actividades.


FABRICAMOS UNHA RA CON MATERIAL DE REFUGALLO
Na seguinte imaxe podedes ver ras feitas con pedras, rolos de papel, platos, globos....e outros materiais que se poden reutilizar e reciclar. Animádesvos a facer unha??

CANCIÓN: "EL BAILE DEL CAMBIO"
Esta é unha canción infantil para este conto, a música e a letra por Erik Sjöholm, e Tamara González. 

Vídeo extraído da canle de Youtube " Sharing Learnings"

Con este conto de hoxe poñemos fin á sección "Un conto cada día". Comezamos o mes de xuño, así que o luns atoparedes no blog unha nova sorpresa, estade moi atentos! Moitas grazas a todos e todas as que nos seguistes e agardamos que teñades desfrutado dos contos en familia!

jueves, 28 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: MARUXA

Escritora: Eva Mejuto   Ilustradora: Mafalda Milhoes


Editado en galego por OQO Editora




Curtametraxe de animación extraída da canle de youtube “O recuncho de Tambo” 


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa varría, limpaba, cociñaba… e mentres Pepiño folgaba, durmía e descansaba. Un día Maruxa decidiu darlle unha lección, e mediante o emprego da retranca conseguiu mudar as tornas e conseguir que fose o seu marido o que fixese el mesmo o pan que tanto ansiaba. Dende ese día Maruxa e Pepiño fixeron todo xuntos compartindo os traballos e os descansos.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Nesta ocasión propoñémosvos un pequeno proxecto feito por nós, un pouquiño de música, a receita do pan e unha actividade sensorial que agardamos vos guste moito. Aquí vos quedan!

Preme na imaxe de abaixo para poder imprimir o PDF do proxecto de Maruxa.


FACEMOS PAN COMO PEPIÑO: No conto de Maruxa, Pepiño conseguiu todos os ingredientes para facer o pan e ata acabou facéndoo el mesmo. Por se queredes facer como Pepiño, aquí vos deixamos unha receita faciliña de pan. Quen se anima?


BANDEXA SENSORIAL DE PREESCRITURA… CON FARIÑA: De seguro que tedes visto moitas veces as caixiñas e bandexas sensoriais para traballar, entre outras moitas cousas, a lectoescritura, pero nesta ocasión propoñemos cambiar a area por fariña. Con esta actividade podedes realizar o trazo das letras, números, formas… pero tamén descubrir o tacto finísimo da fariña e agochar pequenos obxectos nela para atopalos e clasificalos (por cores, de máis grande a máis pequeno…). Premede na imaxe para vela en grande e se queredes máis información podedes entrar no seguinte enlace: http://www.lasmanosdemama.es/bandeja-sensorial-de-preescritura/


E por último un pouquiño de música!


CANCIÓN “PAN DE MILLO” DE MIGALLAS: Este Videoclip foi realizado por Migallas coas nenas e nenos da EEI de Verducido (Pontevedra). A canción aparece no libro-disco “Pan de Millo” publicado por Kalandraka.


CANCIÓN DE MARUXA E PEPIÑO: E mirade que canción tan divertida fixeron as nenas e nenos de 2º de educación primaria do CPI do Feal. Coa música do tema de Juanes “La camisa negra” adaptaron a letra inspirándose no conto de Maruxa. Seguro que vos gustará moito!


martes, 26 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: QUIERO SER COMO TÚ

Autora: Cristina Oleby       Ilustradora: Silvina Eduardo  
 Editorial: Autopublicación a través de Verkami


Conto sacado da canle de Youtube  "Cuentos en la nube"

BREVE DESCRIPCIÓN DO CONTO: Os animais da sabana africana están tristes e apagados. Non lles gusta como son. A león non lle gusta o seu pelo longo, él quere parecer elegante como Leopardo. Leopardo desexa ter o pescozo longo como Xirafa. Xirafa prefire ser baixiña, como Cebra. Cebra admira a pel monocromática de Elefante. A Elefante, gustaríalle ter orellas pequeniñas como Rinoceronte. E a Rinoceronte encantaríalle ter un pelazo coma o de León.
Que ocorrería se todos decidiran cambiar e deixaran de ser eles mesmos?

ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Na páxina thebigbagteacher.com atopamos moito material moi interesante para traballar este conto. Como un  memori salvaxe, un xogo con dados e ruleta, un xogo de sombras, fichas dos animais do conto e moito máis. Premede nas imaxes para poder descargar os PDF, pero lembrade que non tedes que facer todo o que vos poñemos, son para que poidades escoller as que máis vos gusten.

Este é un memory diferente, por cada animal hai 5 tarxetas que tedes que atopar, unha co debuxo do conto, outra coa foto real do animal, outra co nome, outra coa silueta e a última co debuxo que fagades vos.

Como se moven os animais? Somos capaces de imitalos? Teremos que tirar o dado e movernos igual que o animal que nos tocou, tamén podemos xogar a adiviñar de que animal se trata.

Trátase de un xogo de mímica, teremos que darlle a ruleta e imitar ao animal que nos toca, pero con xestos, non vale falar, para que os outros adiviñen.

Son unhas plantillas nas que aparecen os animais coas partes do corpo cambiadas. O xogo é sinxelo, fixarse e poñer unha pinza, nas partes do corpo que fan ese novo animal!

Neste PDF podedes descargar un puzzle para unir animal con sombra, unha fichiña para unir a silueta co nome correcto e as siluetas dos personaxes do conto para facer un teatriño de sombras.

Toca coñecelos a fondo e para eso neste PDF atoparedes unhas fichas para cubrir, podedes facer estas ou facer vós un mural onde se poidan comparar as semellanzas e diferenzas de cada un!!!

E para rematar unha ficha para reflectirnos a nós mesmos. COMO SOMOS!!

Pinchando neste enlace podedes ver a explicación máis completa das actividades. FICHEIRO : QUIERO SER COMO TÚ

E como case sempre rematamos cunha canción, neste caso "Dime que fixeches": CANTA CONNOSCO! de Migallas Teatro

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: O POLO PEPE

Autor: Nick Denchfield     Ilustrador: Ant Parker

Editado en galego por SM

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Que comeu o polo Pepe para medrar tanto? Mira este vídeo e descubriralo.


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

ACTIVIDADES RELACIONADAS: 
Imos facer unhas fichas do Polo Pepe, podedes imprimir e escoller as que máis vos gusten. Premede nas imaxes para descargalas.





Bingo! Propoñémosvos o xogo do bingo, para desfrutar en familia. Con cada unha destas plantillas que vos deixamos podedes xogar ata 4 persoas, só tedes que imprimilas e meter nalgún recipiente os números do 1 ó 6 para ir extraéndoos ó azar.

Nesta primeira versión, inclúese a grafía do número. Premede na imaxe para descargala. 


Nesta segunda versión, non aparece a grafía dos números polo que teredes que contar cantos polos hai para saber se podedes riscar ou non a casilla.


Manualidades, distintas formas de facer un poliño con diferentes materiais. Este poliño tan simpático é moi sinxelo de facer, tan só necesitaremos un globo amarelo, area ou fariña (para enchelo) e un pouco de cartolina laranxa e amarela (para facer o pico, as patas e as ás).


E na seguinte imaxe deixámosvos algunha idea máis. Escollede a que máis vos guste!


Imaxes extraídas de Pinterest

E para rematar este conto, a canción do Polo Pepe, que tanto nos gusta!

domingo, 24 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: LIMÓN

Autor: Antonio Rubio    Ilustración: Óscar Villán

Este conto que vos deixamos hoxe, igual que o de Lúa e Crocodilo, decidimos facelo un pouquiño máis difícil empregando a lingua de signos mentras o cantamos. Esperamos que vos guste e se vos animades podedes mandarnos un vídeo ou un unha foto facendo algún signo.


Neste enlace que vos deixamos aquí podedes ver o conto

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este é outro dos contos da famosa colección de pictogramas poéticos de Kalandraka "Do berce á lúa". A musicalidade do texto e a repetición das palabras permite aos nenos e nenas engancharse dende moi pequenos a este poema visual. Parécenos un conto moi adecuado para nenas e nenos que están empezando a ler de forma autónoma, xa que o seu texto sinxelo e o ritmo permitiralles rematar a lectura por sí mesmos con facilidade.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Desta vez deixámosvos unha serie de ideas moi divertidas para traballar con este conto. Agardamos que vos gusten.

Xogamos co conto: preparamos unhas tarxetas para facer series e un 3 en raia. Nas fotos podedes ver como os fixemos.

Pinchando na foto podedes descargar o PDF. E se non queredes imprimila tamén podedes facer series con limóns e fresas de verdade, ou facendo debuxos..., como vos sexa máis fácil.
Mirade na seguinte imaxe como podedes facer o 3 en raia. Só necesitades 6 tapóns e recortar 3 fresas e 3 limóns en cartón ou goma eva, o material que queirades, a continuación pegalas nos tapóns e facer o taboleiro, e... A xogar!

Receita limonada: Pasaredes un ratiño divertido e refrescante mentras preparedes esta sinxela receita, unha bebida caseira tradicional. Esperamos que vos guste.
Na imaxe podedes ver como facela.



Mensaxes con tinta invisible: Gustaríache aprender a fabricar tinta invisible? Con ela poderás xogar a detectives, ou sorprender a alguén cunha mensaxe secreta que só poderá ver con algunhas indicacións.

Fabricar tinta invisible é moi sinxelo, tratáse dun experimento moi divertido e non necesitas moitos materiais. Na imaxe podedes ver como facelo.



Estampamos con froitas e verduras: Facer sellos caseiros é unha manualidade faciliña e que adoita gustar moito aos máis pequenos. Só tedes que coller froitas ou verduras que tedes pola casa, cortalas á metade e poñerlles témpera e a estampar no papel. Podedes facer preciosas obras de arte. Estamos desexando velas!!!


jueves, 21 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: MARILUZ AVESTRUZ

Escritora: Rachel Chaundler Ilustrador: Bernardo Carvalho

Editado en galego por OQO Editora


Videoconto extraído da canle de youtube “A Jugar”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Mariluz é unha avestruz moi presumida e para non estragar a súa fermosa cola chea de plumas durme coa cabeza dentro da area. Pero un día ao espertar non foi quen de sacar a cabeza do burato, que pasaría? Este conto tan divertido amósanos a importancia de axudarse uns a outros e tamén de valorar o verdadeiramente importante da vida.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para traballar este contiño deixámosvos un pequeno proxecto, algunhas manualidades e a canción de Mariluz, que sabemos que vos gusta moito!


AVESTRUZ EN TROCIÑOS: Na web “Learn Create Love” atopamos esta avestruz que podedes imprimir, colorear, recortar e montar. Dunha maneira moi sinxeliña podedes ter a Mariluz nas vosas mans! Premede na imaxe de abaixo para descargar o PDF.


CADRO DE AVESTRUZ CON GARFO E TÉMPERAS: Mirade que divertido! No blog “Our KidThings” ensínannos a  facer un cadro de avestruz empregando un garfo e témperas de cores. Premede na imaxe para ver o paso a paso.


ABANO DE PLUMAS: A cola de Mariluz era tan bonita que parecía un abano de plumas. Que vos parece se facemos nós un? Empregaremos papel, tesoiras, cartón, cola e un pao de xeado (ou calquera outro pao que atopemos). A continuación deixámosvos esta manualidade en dúas partes. Primeiro un paso a paso para facer plumas de papel, e de segundo como transformalas nun abano.

  • COMO FACER PLUMAS DE PAPEL : Esta manualidade atopámola na web “A little pinch of perfect”. Premede na imaxe para vela en grande. Lembrade que podedes pedir axuda para recortar, pero intentádeo, seguro que vos sae xenial!

  •  COMO FACER UN ABANO: Preme a imaxe e veras en grande como facelo. Extraído da web de manualidades “AO LIFE”

MARIONETA DE DEDO CUNHA OVEIRA: Tamén atopamos esta marioneta de dedo que se fai empregando unha oveira. A manualidade podedes vela en “Manualidadesfacilísimo” ou premendo na imaxe de abaixo:


“MARILUZ AVESTRUZ”, A CANCIÓN: E xa por último, un pouquiño de música! Aquí tedes a canción de “Mariluz Avestruz” recollida no Libro CD/DVD “Contos en Cantos” de  Almudena Janeiro (publicado por OQO Editora).


miércoles, 20 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: CHIBOS CHIBÓNS

Autora: Olalla González        Ilustrador: Federico Fernández


Editado en galego pola Editorial Kalandraka 


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase  dunha adaptación dun conto popular. Nel relátase o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro. Os tres chibos trazarán un plan para enganalo, demostrando que máis vale utilizar a maña e a astucia que o enfrontamento físico.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para aprender e xogar con este conto propoñémosvos un caderno de fichas de elaboración propia. Nel podedes atopar crebacabezas, un labirinto, diferenzas, series... Recordade, escollede as que máis vos gusten! Premede na imaxe para descargalo en PDF.



Grande, mediano e pequeno! Podedes ordenar a modo de serie ou agrupar calquera obxecto que teñades pola casa en función do seu tamaño. As series podédelas completar, quitar un elemento e descubrir cal falta, quitar dous elementos... Hai moitas posibilidades! Nesta foto mostrámosvos unha proposta con calzado pero calquera cousa serve! Esperamos que o pasedes moi ben!


Patín, patín, patín! Premendo na seguinte ligazón podedes escoitar unha canción composta e cantada por David Vega sobre este conto. Seguro que vos encantará!


A letra é moi sinxeliña e algúns xa a coñecedes. Animádesvos a cantala e a facer o acompañamento do ritmo con percusión corporal? Aquí vai a nosa proposta!

E para rematar, un recordo moi especial! A canción cantada e interpretada polos nenos e nenas da clase de Urso, dirixidos pola profe Rocío! Que orquestra tan fantástica!

martes, 19 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: NADARÍN

Autor: Leo Lionni                          Editorial: Kalandraka


Videocuento extraído da canle de youtube: "el Aula de Elena".

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este é un conto que nos invita á reflexión sobre moitos valores distintos: o valor da diferenza e o respecto por todos, a superación dos medos e das adversidades e o valor do traballo en equipo, porque "a unión fai a forza" e o peixe pequeno non sempre ten que perder fronte ao grande.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hoxe deixámosvos un miniproxecto de elaboración propia  sobre o conto, pero tamén, xogos imprimibles e manualidades. Para rematar, unha cación sobre o mundo mariño. Agardamos que o pasedes xenial!

Preme na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.

Confeccionamos peixes de fieltro, cartolina ou goma eva: empregando a plantilla dun peixiño incluida no archivo PDF, debuxamos peixes, no material escollido, vermellos e negros. Despois recortamos e pegamos ollos móviles aos peixes, un ollo a cada lado, como vedes na imaxe.
Pinchando na imaxe podedes descargar o PDF para imprimir a plantilla do peixe e as tarxetas para a actividade de dereita- esquerda que explicamos a continuación.
Estes peixiños imos necesitalos para facer a seguinte actividade. 

Cadro do conto: outra proposta que vos deixamos é facer un mural/cadro coas imaxes do conto. Para eso, primeiro tedes que facer o fondo mariño con acuarelas ou témperas e despois  podedes comenzar a estampar peixes sobre o fondo; póñemosvos algunhas ideas de como podedes facer para estampar os peixes.

Facemos un acuario: Deixámosvos varias propostas para que escollades a que máis vos guste, e botádelle imaxinación e sorprendédenos co voso acuario.

E rematamos cun pouquiño de música, con unha canción de Magín Blanco titulada 
"Peixiños do mar".
Canción sacada da canle de youtube "A Mesa pola Normalización Lingüística"

lunes, 18 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: TOPITO TERREMOTO

Autora: Anna Llenas        Editado pola editorial Beascoa


Videoconto extraído da canle de youtube “MacProfe”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Topito é moi nervioso, despistado, torpe… cólganlle tantas etiquetas negativas que nin el mesmo sabe xa quen é. No cole e na casa queren axudarlle, pero non saben que facer para que non estea sempre tan nervioso, ata que Berta, unha maga moi especial, consigue atopar unha solución!


ACTIVIDADES RELACIONADAS: Anna Llenas, a autora do conto, ten na súa páxina web unha lapela de “recursos creativos” onde, entre outras propostas, podemos atopar un caderno de traballo de Topito e uns recortables para facer toppings e decorar as nosas madalenas caseiras (ou para facer un teatriño coas personaxes). Premede nas imaxes para poder descargar os PDF, pero lembrade que non tedes que facer o caderno enteiriño (ten moitas moitas páxinas.. pero son para que podades escoller as que máis vos gusten).
CADERNO DE TRABALLO DE TOPITO TERREMOTO


TOPPINGS PERSONAXES TOPITO TERREMOTO


EL MUNDO DE RUKKIA. CONTA E SUMA CON TOPITO: Neste blog atoparedes un material moi interesante para traballar o conteo, o recoñecemento numérico, a asociación número cantidade, a descomposición numérica e as sumas, baseado no conto de Topito Terremoto. Premede na imaxe para baixar o PDF. E para ver como podedes traballar con este material entrade no seguinte enlace:



THE BIG BAG TEACHER. TOPITA TODOTERRENA: No blog de “The Big Bag Teacher” podedes coñecer a Topita Todoterrena, unha amiga de Topito. Ela é unha topita forte, alegre, divertida… atrevédesvos a facer a Topito e Topita empregando cartón, cola e rotuladores? Mirade que faciliño é (premede na imaxe). 


A Topito en cartón podedes atopalo no seguinte enlace:

E se queredes saber algo máis de Topita podedes acceder ao blog no enlace que aparece a continuación. https://thebigbagteacher.com/2019/07/04/topita-todoterrena-2/

PSICOAYUDA INFANTIL – BOTE DA CALMA: Para rematar, propoñémosvos esta actividade moi relaxante, o bote da calma que nos axudará a controlar momentos de nerviosismo, rabia ou frustración. É moi sinxelo de facer e serviranos neses momentos nos que nos custa estar tranquilos axudándonos a concentrarnos e relaxarnos. Animádesvos a facer o voso bote da calma? Premede na imaxe para vela máis grande e poder seguir o paso a paso ou premede no enlace para acceder ao blog Psico Ayuda Infantil.

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Autor: Ricardo Carvalho Calero  Editado por Edicións Embora


Vídeoconto extraído da canle de Youtube STEMVILA VERDE MOURE

Ademais, queremos compartirvos a canción do conto creada polo mestre Iván Vale.


Vídeo extraído da canle de Youtube Kókiti

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Esta pequena historia conta como Ricardo, nunha tarde de choiva, intentou meter ás pitas dentro da casa… Non quería que se acatarrasen con tanta auga que lles caía por riba. Aínda que ao principio o pai de Ricardo lle dicía que volvera para dentro porque as plumas das pitas eran impermeables, todos os da casa acabaron axudando. Conseguírono, iso si, acabaron mollados coma pitas!


ACTIVIDADES RELACIONADAS: Nesta ocasión aproveitamos para enlazar as actividades propostas que están á nosa disposición en  diversas webs como “Aulas Galega” e “A Primavera das Letras”.

AULAS GALEGA: Enlazamos un PDF onde podedes ver a biografía de Ricardo Carvalho Calero e varias actividades apoiadas con pictogramas. Preme na imaxe para descargar o PDF elaborado por Milinha.


A PRIMAVERA DAS LETRAS: Nesta web atoparedes moitísimas actividades (a maioría para nenas e nenos máis maiores). Podedes acceder (premendo na imaxe de abaixo) e explorar todas as súas propostas.


Pero nós deixámosvos aquí dúas que nos parecen máis axeitadas paras as nenas e nenos de infantil.

Preme na imaxe para descargar o PDF cos coloreables:


Preme na imaxe para acceder á actividade interactiva sobre o conto “As pitas baixo a Choiva”


Agora queremos propoñervos que fagades un experimento científico… Lembrades que Ricardo quería protexer ás galiñas da choiva? Pois, que vos parece se conseguimos facer choiva dentro dun frasquiño? Animádesvos?


Experimento extraído do blog “Laughing Kids Learn”. Premede no enlace para acceder.


E xa por último, por se queredes coñecer un pouquiño mellor a Ricardo Carvalho Calero… que vos parece se volo contan Os Bolechas? O Portal da Lingua Galega permítenos ver o conto, Premede na imaxe!.

jueves, 14 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: UN CAN E UN GATO

Autora: Paula Carbonell Ilustrador: Chené Gómez


Editado en galego por OQO Editora


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Un can e un gato coñecéronse. O gato dixo , miau! O can dixo guau! Pero non se entenderon. Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos e volven a xogar. Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: 

O gato dixo, miau! O can dixo, guau! Para comezar propoñémosvos un vídeo para adiviñar que animais soan, a ver que tal se vos dá!


Vídeo extraído da canle da Mestra de AL Eugenia Romero

Pero non se entenderon... Como se ían entender? Son tan diferentes... Para descubrir en que se parecen e se diferencian os cans e os gatos propoñémosvos unha pequena investigación. Podedes buscar información e cubrir as fichas con palabras ou debuxos. Premede na imaxe para descargalas.


Aquí podedes ver un exemplo dunha ficha de investigación sobre os coellos cuberta. Animádevos! 

Papiroflexia! Como manualidade propoñémosvos facer o can e o gato con papel, é moi sinxelo. Mirade as imaxes! Veredes como ó final o can e o gato non son tan diferentes...




Dominó! E para rematar deixámosvos un dominó de animais para imprimir. Recortádeo e xa podedes xogar en familia, será moi divertido! Premede na imaxe para descargalo.