O pasado venres por fin puidemos visitar o Val das Mouras. Acompañados polo arqueólogo Iván Álvarez Merayo exploramos unha pequena parte do territorio Xeoparque Montañas do Courel. Pasámolo xenial.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos do que fixemos.
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Xeoparque Montañas do Courel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto Xeoparque Montañas do Courel. Mostrar todas las entradas
domingo, 5 de mayo de 2019
martes, 19 de marzo de 2019
SEMANA DA PRENSA
Ao longo da semana pasada, con motivo da semana da prensa, tiñamos cada día o periódico na aula, por eso aproveitamos para buscar a data nel, mirar algunhas noticias, buscar o tempo, facer algún xogo dos que trae,..., así como diferenciar as diferentes partes da noticia na que aparecíamos visitando o museo xeolóxico de Quiroga.
martes, 5 de marzo de 2019
CELEBRAMOS O ENTROIDO
Durante a semana do Entroido puidemos disfrutar das consignas do noso Meco e o venres rematamos facendo un desfile por Quiroga disfrazados de exploradores do Xeoparque Montañas do Courel. Que ben o pasamos!!!!
domingo, 10 de febrero de 2019
VISITA AO MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA
museo xeolóxico
Ademáis de visitar o museo, cada alumno e alumna levaban un pasaporte de xeoexperto para buscar polo museo os obxectos que levaban debuxados. Pasárono moi ben.
viernes, 8 de febrero de 2019
PRESENTACIÓN DO PDI
Para explicar aos pequerrechos como se formaron as montañas decidimos facer unha orixinal presentación do proxecto documental integrado impulsado dende a biblioteca. sobre o territorio das Montañas do Courel e así nos quedou:
lunes, 4 de febrero de 2019
AS NOSAS MASCOTAS
Con Lupo o lobo ibérico, Urso o oso pardo e Vieiros o corzo, aprendemos cada día a coidar e valorar o noso territorio.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























