Mostrando entradas con la etiqueta corre corre cabaciña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta corre corre cabaciña. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2020

SAMAÍN CO CORZO VIEIROS

Para os nenos e nenas da aula do Corzo Vieiros o conto Corre, corre cabaciña xa é un clásico! Pero non podemos pasar ningún Samaín sen contalo! Ademais, este curso levamos unha careta moi especial para a casa! A ver se nos recoñecedes!


E tamén fixemos arañas para decorar o corredor. Empregamos pratos de papel, limpapipas e témpera negra. Agardamos que vos gusten! Pronto estarán pola casa para darvos un bo susto! Pero mentres tanto podedes velas aquí.





SAMAÍN CO ESQUÍO MARTIÑO

As últimas semanas nas aulas de infantil fixemos actividades relacionadas co Samaín. Despois de escoitar o conto Corre, corre cabaciña creamos unhas máscaras da "cabaza faladora". Canto nos gustou este conto! Ademais, tamén creamos unhas arañas para decorar o noso corredor, pintando con pincel e témpera negra. Pasámolo moi ben! Aquí vos deixamos as fotos dos nenos e nenas da clase do Esquío Martiño. Mirade que maiores somos xa! 




miércoles, 1 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: CORRE CORRE, CABACIÑA

AUTORA: Eva Mejuto

ILUSTRADOR: André Letria

EDITORIAL: OQO


Conto extraído da páxina: http://oqo.es/

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: trata dunha velliña que quere ir ó casamento da súa neta, pero polo camiño atópase cun lobo, un oso, e un león que a queren comer. Ela convence ós animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar ás tres feras.

ACTIVIDADES RELACIONADAS:
- Facer aos protagonistas ( o oso, o lobo o león, a velliña, a neta e como non, a cabaza) en cartón e facer un pequeno teatro. Como por exemplo o da imaxe:



- Facer a cabaza con pasta de sal: ingredientes: 1 parte de sal fina, 1 parte de auga, 3 partes de fariña e colorantes alimenticios, misturamos vermello e amarelo.
COMO FACELA!

- Fichas de grafomotricidade: pinchando na imaxe podedes descargar unhas fichiñas para traballar os trazos, poden facerse seguindo o camiño co dedo, con pinturas ou ben con plastilina.


- Memory: se facedes clic na imaxe podedes descargar as imaxes para facer o memory, se non tedes impresora podedes facelo a man, debuxando aos personaxes, seguro que queda xenial!!


- E por último, podedes escoitar a canción de corre,corre cabaciña, que tanto vos gusta!!!!


Vídeo extraído da canle de youtube "Taxi Roberto Burela".