jueves, 21 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: MARILUZ AVESTRUZ

Escritora: Rachel Chaundler Ilustrador: Bernardo Carvalho

Editado en galego por OQO Editora


Videoconto extraído da canle de youtube “A Jugar”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Mariluz é unha avestruz moi presumida e para non estragar a súa fermosa cola chea de plumas durme coa cabeza dentro da area. Pero un día ao espertar non foi quen de sacar a cabeza do burato, que pasaría? Este conto tan divertido amósanos a importancia de axudarse uns a outros e tamén de valorar o verdadeiramente importante da vida.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para traballar este contiño deixámosvos un pequeno proxecto, algunhas manualidades e a canción de Mariluz, que sabemos que vos gusta moito!


AVESTRUZ EN TROCIÑOS: Na web “Learn Create Love” atopamos esta avestruz que podedes imprimir, colorear, recortar e montar. Dunha maneira moi sinxeliña podedes ter a Mariluz nas vosas mans! Premede na imaxe de abaixo para descargar o PDF.


CADRO DE AVESTRUZ CON GARFO E TÉMPERAS: Mirade que divertido! No blog “Our KidThings” ensínannos a  facer un cadro de avestruz empregando un garfo e témperas de cores. Premede na imaxe para ver o paso a paso.


ABANO DE PLUMAS: A cola de Mariluz era tan bonita que parecía un abano de plumas. Que vos parece se facemos nós un? Empregaremos papel, tesoiras, cartón, cola e un pao de xeado (ou calquera outro pao que atopemos). A continuación deixámosvos esta manualidade en dúas partes. Primeiro un paso a paso para facer plumas de papel, e de segundo como transformalas nun abano.

  • COMO FACER PLUMAS DE PAPEL : Esta manualidade atopámola na web “A little pinch of perfect”. Premede na imaxe para vela en grande. Lembrade que podedes pedir axuda para recortar, pero intentádeo, seguro que vos sae xenial!

  •  COMO FACER UN ABANO: Preme a imaxe e veras en grande como facelo. Extraído da web de manualidades “AO LIFE”

MARIONETA DE DEDO CUNHA OVEIRA: Tamén atopamos esta marioneta de dedo que se fai empregando unha oveira. A manualidade podedes vela en “Manualidadesfacilísimo” ou premendo na imaxe de abaixo:


“MARILUZ AVESTRUZ”, A CANCIÓN: E xa por último, un pouquiño de música! Aquí tedes a canción de “Mariluz Avestruz” recollida no Libro CD/DVD “Contos en Cantos” de  Almudena Janeiro (publicado por OQO Editora).


No hay comentarios:

Publicar un comentario