domingo, 30 de octubre de 2022

Samaín cheo de sorpresas!

Este ano o Samaín chegou cargadiño de sorpresas e xogos para os nenos e nenas de infantil. 

Despois de decorar unhas divertidas vasoiras que colgamos polo cole, durante o xoves e o venres puidemos disfrutar dunha chea de actividades. 

En relación ás vasoiras, o conto "Queda sitio na vasoira?" foi o eixo principal das actividades a realizar. 

Vimos o conto tanto en formato físico como dixital, pintamos un mural, fixemos cada un unha vasoira e experimentamos a través de diferentes xogos cos que melloramos a nosa atención como por exemplo co bingo, a concentración co memory, a motricidade fina coas mesas sensoriais, etc. 

Foron uns días do máis divertidos!!!!






miércoles, 19 de octubre de 2022

Experimentamos con granadas!!

A semana pasada, os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos un obradoiro conxunto, no que coñecemos un froito típico do outono: A granada! 

Primeiro comentamos un pouquiño sobre as súas características, e logo chegou o momento máis divertido: mans á masa!!!! 

Tocamos as granadas, abrímolas para observar e manipular como son por dentro e por suposto probamos. 

Logo para rematar o obradoiro creamos as nosas propias granadas, primeiro coloreando con témperas un papel de burbullas de cor vermella simulando os grans deste froito e logo creando unha nova obra de arte, pero neste caso empregando plastilina! 

Foi unha gran experiencia e sobre todo poder compartila todos xuntos! 

Estade moi atentos/as porque en breves faremos outro obradoiro moi terroríficoooo!!!