O CONTO DE HOXE É: A PRINCESA DO CAUREL
Autor: Patacrúa Ilustración: Javier Solchaga
Vídeo elaborado polas nenas e nenos de 5 anos da EEI de Milladoiro
Tamén vos deixamos a curtometraxe do conto, se pinchades aquí OS CONTOS DO CAMIÑO, podedes velo.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: A princesa do Caurel é unha versión moderna dun conto popular presente -con moitas versións diferentes- en diversas tradicións folclóricas europeas. Trátase do que se chama un conto acumulativo, a base de preguntas e respostas rimadas, cuxa función é axudar aos nenos de 3 a 7 anos de idade a exercitar a memoria e a fixar a atención a través dun xogo mnemotécnico.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: hoxe deixámosvos un miniproxecto de elaboración propia sobre o conto, pero tamén, xogos imprimibles, manualidades, e un pequeno traballiño sobre o Proxecto "Montañas do Courel, un xeoparque moi humano" e para rematar a canción do conto. Agardamos que o pasedes xenial!
Preme na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.
As ilustracións do conto, realizadas por Javier Solchaga, consisten en reproduccións fotográficas de figuras tridimensionais elaboradas con material de refugallo: pezas de madeira, arames, botellas...Animádesvos a facer á princesa con materiais de refugallo que atopedes pola casa??
E xa que a nosa princesa recuperou o anel, agora tócavos completar o seu tesouro, facendo pulseiras e colares con macarróns. Premendo na imaxe podedes ver como facelas.
Como sabedes as nosas mascotas son 3 animaliños que viven nas montañas do Courel. A raposa Marosa, o corzo Vieiros e o oso Urso. Con elas fomos aprendendo moitas cousas sobre o Xeoparque, ata nos fixeron un libriño de fotos dos seus lugares favoritos das nosas montañas. Se queredes velo premede na imaxe.
E aproveitando este conto, deixámosvos un pequeno proxectiño de elaboración propia sobre o territorio Xeoparque.
Preme na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.
Tamén vos deixamos un xogo de lectoescritura que podedes facer vos na casa con vocabulario do Xeoparque.
E para rematar, un pouco de música, cantando a canción do conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario