lunes, 19 de octubre de 2020

EU BEN VIN ESTAR O MOUCHO...

Boas familias! Como sabedes, nas nosas aulas investigamos moito sobre a fauna do noso territorio e durante estes meses os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros coñecimos ó Moucho.


E para decorar a nosa aula creamos uns mouchos pintando tubos de cartón coas cores do outono e pegando pegatinas. Por suposto, escribimos unha carta para pedirvos a vosa axuda! Moitas grazas pola vosa colaboración! Mirade que ben o pasamos e que bonitos quedaron os mouchos!











Tamén aprendimos a canción "O Moucho", unha canción do grupo Migallas baseada nun poema de Rosalía de Castro. Compartímosvos a seguinte montaxe de vídeo elaborada polo CEIP Eduardo Pondal de Vigo, para que poidades escoitala e bailala na casa. Un saúdo e ata a próxima publicación!

domingo, 18 de octubre de 2020

BENVIDO OUTONO!

Ola a todos! Despois dun tempo sen actualizar inauguramos o blog este curso! E facémolo saudándovos dende a clase da Raposa Marosa. Hai nada estabamos almorzando ao aire libre e desfrutando do sol e a calor...


E sen darnos conta... Pillounos o outono! Pero tamén nos encanta desfrutar da nova estación xogando fóra. No patio collemos castañas e landras e facemos festas coas follas que caen ao chan! Mirade que diverdido!




Ademais, dentro da aula representamos o que sabemos do outono pintando follas con pincel e empregando as cores que vemos na paisaxe. Isto tamén nos gusta moito!






O outono trouxo moitos cambios, e a volta á escola tamén, pois este curso é un pouco especial coma moitos aspectos da nosa vida diaria desde que comezou a "nova normalidade". Pero hai cousas que non cambian nunca... Como as ganas que tiñamos de vernos!