A CERÁMICA DE SARGADELOS: A cerámica de Sargadelos é coñecida en
todo o mundo. As súas vaixelas, xoias, figuras… son moi especiais tanto pola
cor azul cobalto que empregan como polos seus deseños. A nosa proposta é que
vos convertades en artistas transformando pratos de papel en vaixelas de
Sargadelos. Para conseguilo só necesitades pratos de papel e témpera azul (como
vedes o azul cobalto é moi intenso, así que se non tedes tempera tan escura
podedes mesturar un pouquiño de negro ao voso azul). Na imaxe tedes algúns
deseños de Sargadelos, podedes facer algúns deles ou inventar uns novos!
ILUSTRACIÓN GALEGA, LEANDRO LAMAS: Na actualidade hai moitísimos
ilustradores e ilustradoras galegas que fan uns traballos preciosos e moi
orixinais. Hoxe queremos presentarvos a un deles, Leandro Lamas. Podedes
colorear as súas láminas (premede na imaxe para descargala) ou ben atrevervos a
ilustrar coma el, seguro que vos sairá xenial!
Mirade que ilustracións tan
coloridas fai Leandro! Podedes velas en moitas portadas de libros, discos,
murais, carteis…
PREME NA IMAXE DE
ABAIXO PARA DESCARGAR O COLOREABLE
PINTURA GALEGA, JULIA MINGUILLÓN: Xulia Minguillón era unha pintora
figurativa lucense, figurativa porque as cousas que debuxaba recoñecíanse moi
ben. Os seus cadros representaban escenas cotiás, mirade!
A continuación deixámosvos este
cadro: “Escola de Doloriñas” para que o convertades nun crebacabezas (lembrade
seguir as liñas de puntos moi amodiño). O orixinal podedes velo no Museo
Provincial de Lugo. Premede na imaxe para descargar o PDF
ESCULTURA GALEGA, CAXIGUEIRO: E se vos atrevedes coa escultura
presentámosvos a un escultor de Mondoñedo, Daniel Río Rubal, coñecido como
Caxigueiro. Se queredes coñecer un pouquiño a súa obra premede na imaxe. E xa
sabedes, podedes crear as vosas propias esculturas empregando materiais da
natureza, barro, plastilina, material de refugallo.. Animádesvos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario