Autor: Antonio Rubio Ilustración: Óscar Villán
Este conto que vos deixamos hoxe, igual que o de Lúa e Crocodilo, decidimos facelo un pouquiño máis difícil empregando a lingua de signos mentras o cantamos. Esperamos que vos guste e se vos animades podedes mandarnos un vídeo ou un unha foto facendo algún signo.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este é outro dos contos da famosa colección de pictogramas poéticos de Kalandraka "Do berce á lúa". A musicalidade do texto e a repetición das palabras permite aos nenos e nenas engancharse dende moi pequenos a este poema visual. Parécenos un conto moi adecuado para nenas e nenos que están empezando a ler de forma autónoma, xa que o seu texto sinxelo e o ritmo permitiralles rematar a lectura por sí mesmos con facilidade.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Desta vez deixámosvos unha serie de ideas moi divertidas para traballar con este conto. Agardamos que vos gusten.
Xogamos co conto: preparamos unhas tarxetas para facer series e un 3 en raia. Nas fotos podedes ver como os fixemos.
Pinchando na foto podedes descargar o PDF. E se non queredes imprimila tamén podedes facer series con limóns e fresas de verdade, ou facendo debuxos..., como vos sexa máis fácil.
Mirade na seguinte imaxe como podedes facer o 3 en raia. Só necesitades 6 tapóns e recortar 3 fresas e 3 limóns en cartón ou goma eva, o material que queirades, a continuación pegalas nos tapóns e facer o taboleiro, e... A xogar!
Receita limonada: Pasaredes un ratiño divertido e refrescante mentras preparedes esta sinxela receita, unha bebida caseira tradicional. Esperamos que vos guste.
Na imaxe podedes ver como facela.
Mensaxes con tinta invisible: Gustaríache aprender a fabricar tinta invisible? Con ela poderás xogar a detectives, ou sorprender a alguén cunha mensaxe secreta que só poderá ver con algunhas indicacións.
Fabricar tinta invisible é moi sinxelo, tratáse dun experimento moi divertido e non necesitas moitos materiais. Na imaxe podedes ver como facelo.
Receita sacada de https://www.guiainfantil.com/ocio/experimentos/como-fabricar-tinta-invisible-casera-experimento-para-ninos/
Estampamos con froitas e verduras: Facer sellos caseiros é unha manualidade faciliña e que adoita gustar moito aos máis pequenos. Só tedes que coller froitas ou verduras que tedes pola casa, cortalas á metade e poñerlles témpera e a estampar no papel. Podedes facer preciosas obras de arte. Estamos desexando velas!!!
Imaxes sacadas de https://www.pequeocio.com/manualidades-faciles-sellos-con-frutas/ e Pinterest
No hay comentarios:
Publicar un comentario