O CONTO DE HOXE É: CHIBOS CHIBÓNS
Editado en galego pola Editorial Kalandraka
Videoconto
extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dunha adaptación dun conto popular. Nel
relátase o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro
pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro.
Os tres chibos trazarán un plan para enganalo, demostrando que máis vale
utilizar a maña e a astucia que o enfrontamento físico.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para
aprender e xogar con este conto propoñémosvos un caderno de fichas de
elaboración propia. Nel podedes atopar crebacabezas, un labirinto, diferenzas,
series... Recordade, escollede as que máis vos gusten! Premede na imaxe para
descargalo en PDF.
Grande, mediano e pequeno! Podedes
ordenar a modo de serie ou agrupar calquera obxecto que teñades pola casa en
función do seu tamaño. As series podédelas completar, quitar un elemento e
descubrir cal falta, quitar dous elementos... Hai moitas posibilidades! Nesta
foto mostrámosvos unha proposta con calzado pero calquera cousa serve!
Esperamos que o pasedes moi ben!
Patín, patín, patín! Premendo
na seguinte ligazón podedes escoitar unha canción composta e cantada por David
Vega sobre este conto. Seguro que vos encantará!
A letra é moi sinxeliña e algúns xa a coñecedes.
Animádesvos a cantala e a facer o acompañamento do ritmo con percusión
corporal? Aquí vai a nosa proposta!
E para rematar, un recordo moi especial! A canción
cantada e interpretada polos nenos e nenas da clase de Urso, dirixidos pola
profe Rocío! Que orquestra tan fantástica!
No hay comentarios:
Publicar un comentario