Mostrando entradas con la etiqueta Paco Papán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Paco Papán. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! A entrada de hoxe é moi variada, pero coma sempre está repleta do voso esforzo e dedicación! Vega conseguiu atrapar todas as letras da palabra Crocodilo! Que ben!
Sergio, Leo, Nora, Kendra e Valentina desfrutaron moito do conto Frederick e fixeron composicións moi bonitas con acuarelas e os ratiños!

 





E, para rematar, Leo e Valentina axudaron a Paco Papán que anda moi despistado... Menos mal que lle botastes unha man!



Moitas grazas a todos e todas!

martes, 12 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: PACO PAPÁN

Autores: Patacrúa (escritora) e Evelyn Daviddi (ilustradora)

Editado en galego por OQO Editora


Conto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao chegar á casa do enterrador, na aldea do lado.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: 

Paco necesita axuda... Este Paco non fai nada de proveito... Agora perdeu un obxecto cada día que traballou... Axudádeslle a atopalo?


E tamén esqueceu a paga que gaña cada día... Que despistado! Axudádeslle a recordalo?


Premede nas imaxes anteriores para descargar as fichas en PDF (recordade, se non podedes imprimilo tamén se pode facer na pantalla do ordenador).

Sete días ten a semana... Cada día da semana Paco Papán cambia de oficio... Por iso, propoñémosvos unha rima para recordar o nome dos sete días. Agardamos que vos guste! Premede na imaxe para descargar a versión en PDF.
E se vos gustou... Que vos parece se facedes un listado dos nomes coloreados da cor que nos di a rima? Podedes facer o voso ou imprimir os letreiros que vos deixamos aquí abaixo. Elixide!


5 diferenzas... O conto ten un final moi feliz para o noso protagonista tan traballador... Para celebralo deixamosvos un pasatempo que vos encanta!


E nunha celebración... Non pode faltar a música! Esperamos que o pasedes moi ben!