O CONTO DE HOXE É: NADARÍN
Autor: Leo Lionni Editorial: Kalandraka
Videocuento extraído da canle de youtube: "el Aula de Elena".
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este é un conto que nos invita á reflexión sobre moitos valores distintos: o valor da diferenza e o respecto por todos, a superación dos medos e das adversidades e o valor do traballo en equipo, porque "a unión fai a forza" e o peixe pequeno non sempre ten que perder fronte ao grande.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Hoxe deixámosvos un miniproxecto de elaboración propia sobre o conto, pero tamén, xogos imprimibles e manualidades. Para rematar, unha cación sobre o mundo mariño. Agardamos que o pasedes xenial!
Confeccionamos peixes de fieltro, cartolina ou goma eva: empregando a plantilla dun peixiño incluida no archivo PDF, debuxamos peixes, no material escollido, vermellos e negros. Despois recortamos e pegamos ollos móviles aos peixes, un ollo a cada lado, como vedes na imaxe.
Pinchando na imaxe podedes descargar o PDF para imprimir a plantilla do peixe e as tarxetas para a actividade de dereita- esquerda que explicamos a continuación.
Estes peixiños imos necesitalos para facer a seguinte actividade.
Actividades sacadas de https://moonima.site/es/recursos/peces-hacia-la-derecha-y-hacia-la-izquierda/
Cadro do conto: outra proposta que vos deixamos é facer un mural/cadro coas imaxes do conto. Para eso, primeiro tedes que facer o fondo mariño con acuarelas ou témperas e despois podedes comenzar a estampar peixes sobre o fondo; póñemosvos algunhas ideas de como podedes facer para estampar os peixes.
Facemos un acuario: Deixámosvos varias propostas para que escollades a que máis vos guste, e botádelle imaxinación e sorprendédenos co voso acuario.
E rematamos cun pouquiño de música, con unha canción de Magín Blanco titulada
"Peixiños do mar".
Canción sacada da canle de youtube "A Mesa pola Normalización Lingüística"
No hay comentarios:
Publicar un comentario