jueves, 30 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Canto xogo deu Cocorico! Ler, contar, cantar, recortar, completar, debuxar, cociñar, escribir, crear... Imos amosarvos as fotos de Ainoa, Diego, David, Kendra, Leo, Martina, Nora, Sergio e Valentina. Encántanos o proveito que lle sacastes a este conto! Seguro que, igual que Cocorico, xa sabedes ben o que é unha metade e sobre todo seguro que sabedes compartilas! Moitas grazas a todos e todas!










miércoles, 29 de abril de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: ¡CÓMO MOLA TU ESCOBA!

Autora: Julia Donaldson  Ilustrador: Axel Scheffler  Editado na Editorial Bruño 


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Un conto acumulativo cheo de maxia e de humor, no que se pon en valor a xenerosidade e a importancia de ser agradecidos. O relato está escrito en verso e nel cóntase a historia dunha bruxa que viaxa coa súa gata e que vai perdendo diversos obxectos por mor do vento. Os animais que lle axudan a recuperar as súas cousas suben á súa escoba converténdose nun grupo cada vez máis numeroso.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Queremos propoñervos diversas actividades. As que van no pequeno proxecto que xuntamos a continuación están inspiradas e traducidas ao galego das orixinais propostas da autora. Ademais, queremos ofrecervos outras propostas como a elaboración de variñas máxicas ou o visionado dunha pequena curtametraxe da bruxa e a súa gata. Agardamos que vos gusten!

Preme na imaxe para poder descargar o PDF coas actividades impresas.


E aquí tedes dous imprimibles para facer a máscara da gata e a variña máxica. Preme na imaxe.


Pero se queredes que quede moito máis chuli, aquí vos deixamos imaxes de variñas máxicas e gorros de bruxa para que vos convertades na protagonista do conto!


Lembrade que só son ideas, podedes empregar calquera material que teñades a man na casa. E como alternativa ao gorro de bruxa que todos sabemos facer, deixámosvos este minigorro extraído de manualidadesinfantiles.org. Podedes premer na imaxe para acceder ao sitio web.


Por último, unha curtametraxe moi divertida e o enlace á web do conto.

CURTAMETRAXE: WITCH & THE CAT ON AN ADVENTURE


Extraída da canle de Youtube “GRUFFALO WORLD”

“ROOM ON THE BROOM” PÁXINA WEB DO CONTO: Nela poderedes atopar diversas APP con xogos, o trailer da película (polo de agora só dispoñible en inglés), o enlace ás contas de instagram, facebook, pinterest e youtube do conto e outras informacións diversas.

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Hoxe amosámosvos as esculturas que Ainoa, Diego, Leo, David e Nora crearon inspirándose nas de Miró. Que artistas! Agardamos que vos gusten!




E por aquí... O que argallaron Leo, Sergio e Valentina co conto Os tres porquiños. Mirade que bonito! Agora que creastes as casas e as personaxes podedes xogar a contar o conto con eles! 




Moitas grazas a todos e todas!

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: O CASCABEL DA GATA

Autor: Pablo Albo       Ilustración: Guridi        Editorial: OQO


Conto extraído da canle de youtube "Taxi Roberto Burela"

BREVE INFORMACIÓN  DO CONTO: Unha mañá a gata Benita espertou sobresaltada ao oír que a señora Xulia chamaba por ela: Benitaaaaaa!!!! Onde estás que non escoito o teu cascabel? Que lle pasaría ao cascabel de Benita?

ACTIVIDADES RELACIONADAS:  De novo deixámosvos un miniproxecto sobre o conto elaborado por nós (lembrade que non tedes que facelo todo, só queremos aportar ideas que podedes adaptar ás vosas necesidades). Premede na imaxe para abrir o PDF.


E ademáis mirade que ideas tan divertidas para xogar con Benita. Animádesvos a facer algunha destas manualidades??

Construímos unha gatiña: con papeis de periódico e pegamento poderedes facer á Gatiña Benita. Mirade que fácil.




Facemos peixiños: deixámosvos 2 modelos, un con envoltorios de madalenas e outro con recortes de papeis.

martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.

                                   Pinchando na imaxe podedes descargar o documento:

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! Canto contades! Encántanos saber que os contos chegan ás vosas casas e que seguides aprendendo, creando e ata actuando coma no teatro! Deixámosvos por aquí algunhas das vosas fotos. 

Valentina coleccionou vogais coma Aurelio, Leo imitou os animais do conto A que sabe a lúa? cunha ruleta moi divertida. Tamén xogou con A cebra Camila, igual que Martina que, ademais, fixo unha máscara de O coelliño branco. David tamén encheu a súa mesa de coelliños e completou todas as fichas! Mirade que ben!







Moitas grazas a todos e todas por non deixar de contar contos!

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: COCORICO

De Marisa Núñez e Helga Bansch


Editado en galego por OQO Editora


Vídeoconto creado polo CEIP Coirón- Dena

Tamén vos compartimos a curtametraxe deste conto creada e producida por OQO Filmes.


BREVE INFORM­­ACIÓN DO CONTO: Cocorico é unha adaptación dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supón aprender a compartir. Cocorico é un poliño que vive feliz coa súa nai. Un día, Mamá Galiña vai facer un biscoito e cando o poliño vai buscar a leña para prender o forno aparece Gato Pelado que o quere comer...

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

Cociñando! Podedes cociñar un biscoito e escribir a receita ou os ingredientes. Deixámosvos un exemplo pero podedes facer outra. Seguro que o voso sabe tan ben como o de Cocorico e Mamá Galiña! 

Xogando coas metades! Cocorico prometeulle a metade do biscoito a Gato Pelado. Sabedes o que é unha metade? Propoñémosvos dúas actividades para descubrilo!

A primeira é máis sinxela, só tedes que recortar cada debuxo en dúas metades e xogar a compoñelos. Premendo na imaxe podedes descargar a versión en PDF.


A segunda, é un pouco máis complexa dependendo do debuxo que escollades. Consiste en debuxar a metade que falta para crear unha imaxe simétrica. Animádesvos con algún? Premendo na imaxe podedes descargar un documento con catro debuxos.


Ordenando! Premendo na imaxe podedes descargar un documento con 3 páxinas nas que podedes ordenar as imaxes segundo suceden ANTES ou DESPOIS.


Creando! Tamén podedes facer unha marioneta de Cocorico. Deixámosvos aquí unha idea extraída do Pinterest de Ana BP


Cantando! E por último, compartímosvos a canción Cocorico de Almudena Janeiro.

lunes, 27 de abril de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! A entrada de hoxe ten un toque primaveral. Imos compartir con vós as fotos dos coelliños brancos de Diego, Ainoa, Leo, Nora e Valentina. Que bonitos vos quedaron! Canto vos esforzades!






Ademais, tamén vos amosamos as plantas de lentellas de Leo que, despois de medio mes, medraron un montón. 


E, por último, os cadros tan floridos que creou Valentina. Que alegres e coloridos!


Moitas grazas a todos e todas! Pronto poderemos desfrutar da primavera ó aire libre!

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: OS TRES PORQUIÑOS

Autora: Raquel Méndez      Ilustradora: Helga Bansch


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O conto trata de 3 porquiños que vivían no bosque, e cando escoitaron que por alí vivía tamén un lobo moi feroz decidiron construír as súas casas, o porquiño máis novo non tiña moitas ganas de traballar e fixo, para resgardarse, unha casa de palla. O mediano traballou máis e fíxoa de madeira, pero, o máis vello tivo que traballar moito para construír unha casa de ladrillo. E cando chegou o lobo e soprou e soprou....Que pasaría?

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

O noso dosier: Deixámosvos unhas fichiñas moi moi fáciles do conto dos tres porquiños. Se non podedes imprimilas podedes facelas na pantalla do ordenador co dedo. De todos modos, xa sabedes que son cousiñas voluntarias, non tedes que facer todo.
Pinchando na imaxe podedes velas.

Un pouco de manualidades: Anímaste a construír as casas dos porquiños e os personaxes do conto? Aquí podedes ver un exemplo de como facelo.



Soplamos como o lobo: deixamos unha proposta de actividade para traballar o soplo.



Cociñamos: hoxe propoñémosvos unha receita moi divertida!!! Pinchando na imaxe podedes ver como facelo.

E xa para rematar como sempre solemos facer, un pouquiño de música con este vídeo dos tres porquiños que sabemos que vos encanta!!!