miércoles, 6 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: CHOCOLATA

Autora: Marisa Núñez  Ilustradora:  Helga Bansch

Editado en galego por OQO Editora


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Chocolata é unha hipopótama que vive na sabana e disfruta moito dos seus baños na compaña dos seus amigos, pero un día entérase de que na cidade hai una casa de baños, e nin corta nin preguiceira ponse en marcha en busca de novas emocións.

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

De compras con Chocolata! Imos vestir a Chocolata coa roupa que mercou na cidade, para iso necesitamos recortar a chocolata e a roupa, e pintala da cor que nos di no conto. Premede na imaxe para descargar a versión en PDF para imprimir. Vai ser moi divertido!


Canta con Chocolata! Escoitamos e cantamos a canción de Chocolata de Almudena Janeiro.


Cociña con Chocolata! Imos facer un BROWNIE en taza, tan só 1 minuto ó microondas. Premede na imaxe para descargar a receita. (Receita extraída do blog de VelSid)
Axuda a Chocolata! E para rematar, uns labirintos de Chocolata. Preme na imaxe para descargar o PDF e axudar a Chocolata e a Teófilo. No primeiro, Chocolata ten que chegar ó que máis lle gusta facer, tomar un baño. No segundo, Teófilo ten que chegar a xunto da súa amiga Chocolata.




No hay comentarios:

Publicar un comentario