Mostrando entradas con la etiqueta un can e un gato. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta un can e un gato. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Hoxe deixámosvos unha selección moi variada dos vosos traballos. Seguro que vos gustarán tanto coma nos gustaron a nós!

Kendra converteuse na axudante de Oso atrapabolboretas e creou unhas bolboretas moi alegres e coloridas. Mirade que bonitas!


Ainoa e Diego fixeron unhas pulseras para completar o tesouro da Princesa do Caurel. Que coloridas e que ben vos quedan!


Tamén fixeron Un can e un gato con papiroflexia, igual que Leo e Valentina. Agardamos que o pasarades moi ben!




E para rematar, as vosas creacións de arte galega. Ainoa e Diego déronlle cor a unha obra de Leandro Lamas e Leo moldeou e pintou un prato de Sargadelos. Sodes uns artistas! Noraboa!


jueves, 14 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: UN CAN E UN GATO

Autora: Paula Carbonell Ilustrador: Chené Gómez


Editado en galego por OQO Editora


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Un can e un gato coñecéronse. O gato dixo , miau! O can dixo guau! Pero non se entenderon. Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos e volven a xogar. Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: 

O gato dixo, miau! O can dixo, guau! Para comezar propoñémosvos un vídeo para adiviñar que animais soan, a ver que tal se vos dá!


Vídeo extraído da canle da Mestra de AL Eugenia Romero

Pero non se entenderon... Como se ían entender? Son tan diferentes... Para descubrir en que se parecen e se diferencian os cans e os gatos propoñémosvos unha pequena investigación. Podedes buscar información e cubrir as fichas con palabras ou debuxos. Premede na imaxe para descargalas.


Aquí podedes ver un exemplo dunha ficha de investigación sobre os coellos cuberta. Animádevos! 

Papiroflexia! Como manualidade propoñémosvos facer o can e o gato con papel, é moi sinxelo. Mirade as imaxes! Veredes como ó final o can e o gato non son tan diferentes...




Dominó! E para rematar deixámosvos un dominó de animais para imprimir. Recortádeo e xa podedes xogar en familia, será moi divertido! Premede na imaxe para descargalo.