O CONTO DE HOXE É CROCODILO
Autor: Antonio Rubio Ilustración: Óscar Villán Editorial: Kalandraka
Este conto que vos deixamos hoxe coñecédelo moi moi ben... Así que fixémolo un pouquiño máis difícil e decidimos empregar a lingua de signos mentras o cantamos. Esperamos que vos guste e se vos animades podedes mandarnos un vídeo ou un unha foto facendo algún signo.
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Este conto é un poema acumulativo para ler e cantar, no que podemos traballar as cores. Comeza cun extravagante crocodilo verde, verde, verde, que se sobe nun baúl azul azul, azul, que sobe...
ACTIVIDADES RELACIONADAS: De novo deixámosvos un miniproxecto sobre o conto elaborado por nós (lembrade que non tedes que facelo todo, só queremos aportar ideas que podedes adaptar ás vosas necesidades). Premede na imaxe para abrir o PDF.
E ademáis mirade que ideas tan divertidas para xogar con este conto. Animádesvos a facer algunha?
Construímos unha torre cos personaxes do conto: Teredes que facer o debuxo de cada cousiña que sae no conto, pegalas en pezas de construción, caixiñas, ou outro obxecto que teñades pola casa e se poida facer unha torre con el. A continuación colocaredes os personaxes como van aparecendo no conto, que ten por riba o crocodilo? e o baúl?. Tamén podedes facer (o papi ou a mami) a torre con algún erro e que o atopen, e todo aquilo que se vos ocorra.
Imaxe extraída de http://www.educandolectores.es/
Xogamos coas cores, as palabras e as imaxes: Aquí tedes 2 xogos, un para asociar as palabras ás imaxes, pode ser co nome das cores ou co dos personaxes do conto, e o outro de buscar parellas.
Premendo na imaxe podedes abrir o PDF cos debuxos e as palabras.
Crea o teu conto: Segue os seguintes pasos...
1. A opción máis divertida é que debuxes os personaxes, pero senón podes imprimir os debuxos que vos deixamos a continuación, ou calcar o debuxo na pantalla do ordenador.
2. Pinta, recorta e pega sobre cartolina.
3. Escribe debaixo de cada debuxo ou recorta letras de revistas e pégaas formando palabras.
4. Encuaderna: cose as cartolinas con lá ou corda ou grampa.
Premede na imaxe para abrir o PDF.
E para rematar deixámosvos o vídeo no que o autor do libro, Antonio Rubio, nos conta e canta o conto. Pinchando aquí CROCODILO podedes ver o vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario