Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3 anos. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de junio de 2021

UN MUSEO AO AIRE LIBRE

Para rematar o curso, fomos de excursión pola nosa vila, fotografando todos os murais e instalacións do noso "Museo ao aire libre". Despois, recuperamos forzas cun bo aperitivo e xogamos no Parque da Constitución. Queredes ver o ben que o pasamos? Pois premede na foto de cada grupo!




E con esta entrada aproveitamos para despedirnos. Xa case rematou este curso tan diferente e só podemos agradecervos o voso esforzo e a vosa paciencia. Grazas por ensinarnos a sorrir só coa mirada e esperamos volver ver os vosos sorrisos moi pronto! Pasade un bo verán!

lunes, 17 de mayo de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, COÑECENDO A XELA ARIAS

Feliz día das nosas letras! Hoxe ensinámosvos as chapas de Xela Arias que fixemos en infantil para celebrar este día. Ademais, compartímosvos o vídeoclip da canción "Darío a diario" na que A Banda da Loba versiona os versos desta autora. Agardamos que vos gusten!









martes, 11 de mayo de 2021

PLANTAMOS LENTELLAS

Na clase do Esquío Martiño estivemos plantando lentellas. Só necesitamos terra, auga e sol e... Mirade canto medraron as nosas plantiñas nuns poucos días! Encantounos coidalas e observalas cada día! E agora... A seguir coidándoas na casiña!







miércoles, 5 de mayo de 2021

OBRADOIRO BOLBORETAS

Para darlle a benvida á primavera tamén cambiamos a decoración do noso corredor, creando unhas bolboretas con tubos de papel hixiénico, cartolina e os TIPS que nos sobraron dos antefaces de Entroido. Mirade que bonitas e coloridas! Agardamos que vos gusten!








martes, 13 de abril de 2021

PRA, PRE, PRI A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ!

A primavera chegou e a decoración da nosa clase cambiou! Os nenos e nenas da clase do Esquío Martiño creamos un mural primaveral cheo de flores e bolboretas! Pasámolo moi ben! Agardamos que vos guste!


miércoles, 24 de marzo de 2021

HELLO WINTER!

Hello everybody! Hoxe imos contarvos algunhas das actividades que fixemos este winter (inverno) nas clases de English. Agardamos que vos gusten!

Na aula da Raposa Marosa, traballamos colours e actions. Primeiro, coloreamos mittens (manoplas) da cor do noso equipo e, despois, xogamos con elas a facer a acción que correspondía segundo a canción. Aquí podedes ver unhas fotos nosas coas mittens e tamén vos deixamos a canción para que xoguedes todas as veces que queirades! Pasadeo moi ben!



E na aula do Esquío Martiño, tamén traballamos colours e actions para crear uns bonitos snowflakes (copos de neve) empregando papeliños de cor blue (azul). Tamén vos deixamos as nosas fotos e a canción que aprendemos para que a escoitedes todas as veces que queirades!




Have a nice holiday! Pasade unhas boas vacacións!

sábado, 13 de febrero de 2021

ANTEFACES COLORIDOS

Aínda que o clima e as circunstancias non acompañen moito, non podíamos deixar de celebrar o Entroido polo Piso de Abaixo, así que decidimos crear uns antefaces polo xoves de comadres como vén sendo habitual. Para decoralos empregamos TIPS, unha especie de boliñas de espuma de cores que humedecemos un pouquiño con toalliñas e queda pegada sobre calquera superficie. Gustounos moitísimo usar este material! Que vivan os antefaces coloridos para os días grises!









jueves, 14 de enero de 2021

OBRADOIRO DE BONECOS DE NEVE

Boas tardes! Estamos de volta por aquí despois das vacacións de Nadal e queremos compartir con vós o resultado dun obradoiro que realizamos antes de marchar. Recordades que levamos unha notiña para a casa na que vos pediamos un calcetín desparexado ou vello? Pois mirade, démoslles un novo uso! Bufanda e gorro para uns bonecos de neve feitos con tubos de cartón! Agardamos que vos gusten! 






miércoles, 23 de diciembre de 2020

VIEIROS, MAROSA E MARTIÑO DESÉXANVOS... BO NADAL!


MERRY CHRISTMAS!

Hoxe queremos compartir con vós as Christmas Activities que fixemos no piso de abaixo! Agardamos que vos gusten!

Os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros, traballamos o vocabulario de Christmas characters e fixemos Christmas masks con tres deles: reindeer, Christmas tree and elf. Usamos coloured markers and glitter, mentres que seguimos a traballar as cores e os utensilios escolares.






Os nenos e nenas da clase da Raposa Marosa, fixemos red and green elfs, como ornaments (adornos) para colgar nos nosos Christmas trees da casa. Mirade que divertidos!


E, por último, os nenos e nenas da clase do Esquío Martiño fixemos Christmas puppets (monicreques) dos tres personaxes da canción Hello Reindeer! (reindeer, snowman and Santa) que vos deixamos a continuación. MERRY CHRISTMAS!