Boas tardes! Estamos de volta por aquí despois das vacacións de Nadal e queremos compartir con vós o resultado dun obradoiro que realizamos antes de marchar. Recordades que levamos unha notiña para a casa na que vos pediamos un calcetín desparexado ou vello? Pois mirade, démoslles un novo uso! Bufanda e gorro para uns bonecos de neve feitos con tubos de cartón! Agardamos que vos gusten!
Mostrando entradas con la etiqueta Inverno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inverno. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de enero de 2021
domingo, 1 de marzo de 2020
O INVERNO
Como xa sabedes na aula da Raposa Marosa gústanos moito traballar as estacións. Un dos traballos que fixemos foi elaborar un mural do inverno, coa profe Rocío, no que os peques fixeron os seus propios bonecos de neve: pintaron de cores os gorros, picaron círculos blancos para o corpo, puxéronlle nariz cun triángulo laranxa, tamén brazos, botóns,..e decoraron o fondo.
Velaquí o tedes, a que quedou ben bonito?
Ademais, tamén experimentamos un pouco na clase...misturamos bicarbonato e auga e conseguimos facer NEVE!!! Mesmo nos parecía que estaba fría!!
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do experimento:
Os pequenos pasárono pipa xogando coa "neve"...fixeron tartas, bonecos de neve, bolas,...deixaron voar a súa imaxinación e ao mesmo tempo desfrutaron coas novas sensacións e texturas.
Por último, deixámosvos unha canción que de seguro escoitástedes algunha vez, pois eles e elas coñécena moi ben e gústalles moito:
sábado, 22 de febrero de 2020
TEMPO DE INVERNO
Aínda que o mes de febreiro chegou cargado de temperaturas primaverais, queremos compartir con vós algunhas artistadas que fixemos na clase do Oso Urso para decorar a aula.
A primeira, foron uns copos de neve que colocamos polas ventás durante o mes de decembro. Crealos gustounos moito xa que tiñamos que ir facendo pequenos cortes en papeis dobrados en triángulo. Despois desdobrámolos e... Sorpresa! Copos de neve todos diferentes! Como os de verdade que nunca hai un repetido.
A segunda, foron unhas paisaxes invernais nas que compuxemos dúas árbores con recortes de papel e nas que representamos unha nevada empregando os nosos dedos e témpera branca. Mirade que fríos e escuros!
Por último, como a chuvia si que foi abundante para non variar... Decoramos uns paraugas con diferentes estampados. Despois, recortámolos e pegámolos sobre cartulina negra, na que debuxamos as pingas da chuvia. Esta idea atopámola no Blog Creciendo Felices.
viernes, 20 de diciembre de 2019
COMEZANDO O INVERNO...
Para darlle a benvida ó inverno na aula do Oso Urso renovamos a nosa decoración outonal por outra máis axeitada á época do ano. Nesta entrada contámosvos como o fixemos.
O primeiro que fixemos foi medir a cortiza na que pendurariamos un novo mural, así saberiamos canto papel continuo iamos precisar sen pasarnos nin quedarnos curtos. Para iso, encaixamos moitos policubos e tivemos que traballar en equipo porque a vara era tan longa que se rompía con moita facilidade.
Despois, escollimos as cores: pintura de cores frías coma o inverno e papel de cor azul escuro, pois no inverno hai poucas horas de luz. A técnica empregada pareceunos moi divertida: tiñamos que facer rodar pelotas cheas de pintura por riba do papel!
Para rematar, pegamos uns anaquiños de porexpan que parecían copos de neve no medio dunha tormenta e, por suposto, puxémoslle un título á nosa obra de arte. Mirade que resultado máis chulo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)























