Boas tardes! As vosas fotos séguennos a facer tanta ilusión como o primeiro día. Nunca deixades de sorprendernos! Botade un ollo a todo o que vos mostramos hoxe.
David coñeceu ó Grúfalo e xogou moito coas súas caretas e marionetas. Ademais, fixo un Grúfalo co pé! Que divertido!
Claudia e Ian aprenderon moito co conto A princesa do Caurel. Moi ben! Ademais, á princesa de Claudia tamén lle encanta ler contos! Mirade, mirade!
E Valentina e Leo axudáronlle a Ricardo a gardar as pitas para que non se mollaran. Que sorte! Tamén saben moito de pitas e de como coidalas!
E Sergio e Valentina tamén fixeron choiva nun vaso. Que nubes tan espumosas! Agardamos que o pasarades ben!
E para rematar deixámosvos as obras de arte galega que creou Nora e tamén o seu can e o seu gato de papiroflexia! Que bonitos! Es unha grande artista!
No hay comentarios:
Publicar un comentario