Mostrando entradas con la etiqueta primavera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primavera. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de mayo de 2021

PLANTAMOS LENTELLAS

Na clase do Esquío Martiño estivemos plantando lentellas. Só necesitamos terra, auga e sol e... Mirade canto medraron as nosas plantiñas nuns poucos días! Encantounos coidalas e observalas cada día! E agora... A seguir coidándoas na casiña!







miércoles, 5 de mayo de 2021

OBRADOIRO BOLBORETAS

Para darlle a benvida á primavera tamén cambiamos a decoración do noso corredor, creando unhas bolboretas con tubos de papel hixiénico, cartolina e os TIPS que nos sobraron dos antefaces de Entroido. Mirade que bonitas e coloridas! Agardamos que vos gusten!








domingo, 25 de abril de 2021

PRIMAVERA CO CORZO VIEIROS

Os nenos e nenas da clase do Corzo Vieiros tamén creamos un mural primaveral cheo de flores e árbores coloridas! Ademais, fixemos uns tulipáns de papiroflexia! Agardamos que vos gusten!


martes, 13 de abril de 2021

PRA, PRE, PRI A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ!

A primavera chegou e a decoración da nosa clase cambiou! Os nenos e nenas da clase do Esquío Martiño creamos un mural primaveral cheo de flores e bolboretas! Pasámolo moi ben! Agardamos que vos guste!


sábado, 18 de abril de 2020

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!!!

Esta fin de semana queremos propoñervos algo de manualidades relacionadas coa primavera. Na imaxe podedes ver algúns exemplos de flores feitas con distintas técnicas.
Botádelle imaxinación e a sorprendédenos, que seguro que o conseguides.
Imaxes extraídas de Pinterest

E se tedes moitas caixas de ovos que non sabedes que facer con elas, pinchade nesta imaxe e mirade....


E xa para rematar, deixámosvos unhas rimas con movemento, perfectas para facer en primavera, de Tamara Chubarovsky.

miércoles, 25 de marzo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: DESAYUNO DE PRIMAVERA

Fai uns días comezou a primavera e para celebralo deixámosvos este conto, esperamos que vos guste.



Autora: Pilar Redondo Benítez        Ilustradora: Joana Bruna         Editorial: Amigos de papel

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Chega a primavera e todos os animais espertan do seu sono invernal e o bosque énchese de vida. Zorro atopa unha cesta abandonada cun rico biscoito dentro. Ten moitas gañas de comer un anaco, pero antes decide buscar ao seu dono e así pedirlle se o poden compartir. Na súa búsqueda crúzase con varios animais que se van sumando ao seu obxectivo. Finalmente, atoparán á dona do biscoito e descubrirán que o seu obxectivo era xustamente o de organizar unha festa de benvida para compartir ese rico biscoito.

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

Biscoito de mazá: Igual que os animaliños do bosque se vos animades podedes facer este rico biscoito para celebrar a chegada da primavera. Aquí vos queda a receita, se algún se anima que nos mande a foto e poñerémola no blog. Podedes vela pinchando na imaxe.


Memory cos personaxes do conto: Se tedes impresora podedes imprimir o pdf e recortar os debuxos para facer un memory, e pasar un ratiño divertido. Fai clic na imaxe para acceder.




Debuxos para colorear: neste enlace podedes colorear os personaxes que aparecen no conto e utilizalos para facer un teatriño. Fai clic na imaxe para acceder.




Experimento primavera: Plantar unha faba, lentella, ou calquera outra semente que teñades pola casa nun recipiente transparente e ver o que ocorre. Se pinchades na imaxe podedes ver paso a paso como tedes que facer. Recordade se vos animades a facelo, mandade fotos.



E para rematar esta entrada deixamos unha canción sobre a primavera, do álbum “Coas miñas mans” de Pablo Díaz.