O CONTO DE HOXE É: QUIERO SER COMO TÚ
Autora: Cristina Oleby Ilustradora: Silvina Eduardo
Editorial: Autopublicación a través de Verkami
Conto sacado da canle de Youtube "Cuentos en la nube"
BREVE DESCRIPCIÓN DO CONTO: Os animais da sabana africana están tristes e apagados. Non lles gusta como son. A león non lle gusta o seu pelo longo, él quere parecer elegante como Leopardo. Leopardo desexa ter o pescozo longo como Xirafa. Xirafa prefire ser baixiña, como Cebra. Cebra admira a pel monocromática de Elefante. A Elefante, gustaríalle ter orellas pequeniñas como Rinoceronte. E a Rinoceronte encantaríalle ter un pelazo coma o de León.
Que ocorrería se todos decidiran cambiar e deixaran de ser eles mesmos?
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Na páxina thebigbagteacher.com atopamos moito material moi interesante para traballar este conto. Como un memori salvaxe, un xogo con dados e ruleta, un xogo de sombras, fichas dos animais do conto e moito máis. Premede nas imaxes para poder descargar os PDF, pero lembrade que non tedes que facer todo o que vos poñemos, son para que poidades escoller as que máis vos gusten.
Na páxina thebigbagteacher.com atopamos moito material moi interesante para traballar este conto. Como un memori salvaxe, un xogo con dados e ruleta, un xogo de sombras, fichas dos animais do conto e moito máis. Premede nas imaxes para poder descargar os PDF, pero lembrade que non tedes que facer todo o que vos poñemos, son para que poidades escoller as que máis vos gusten.
Este é un memory diferente, por cada animal hai 5 tarxetas que tedes que atopar, unha co debuxo do conto, outra coa foto real do animal, outra co nome, outra coa silueta e a última co debuxo que fagades vos.
Como se moven os animais? Somos capaces de imitalos? Teremos que tirar o dado e movernos igual que o animal que nos tocou, tamén podemos xogar a adiviñar de que animal se trata.
Trátase de un xogo de mímica, teremos que darlle a ruleta e imitar ao animal que nos toca, pero con xestos, non vale falar, para que os outros adiviñen.
Son unhas plantillas nas que aparecen os animais coas partes do corpo cambiadas. O xogo é sinxelo, fixarse e poñer unha pinza, nas partes do corpo que fan ese novo animal!
Neste PDF podedes descargar un puzzle para unir animal con sombra, unha fichiña para unir a silueta co nome correcto e as siluetas dos personaxes do conto para facer un teatriño de sombras.
Toca coñecelos a fondo e para eso neste PDF atoparedes unhas fichas para cubrir, podedes facer estas ou facer vós un mural onde se poidan comparar as semellanzas e diferenzas de cada un!!!
E para rematar unha ficha para reflectirnos a nós mesmos. COMO SOMOS!!
Pinchando neste enlace podedes ver a explicación máis completa das actividades. FICHEIRO : QUIERO SER COMO TÚ
E como case sempre rematamos cunha canción, neste caso "Dime que fixeches": CANTA CONNOSCO! de Migallas Teatro
No hay comentarios:
Publicar un comentario