O CONTO DE
HOXE É: MARUXA
Escritora:
Eva Mejuto Ilustradora: Mafalda Milhoes
Editado en galego por OQO Editora
Curtametraxe de animación extraída da
canle de youtube “O recuncho de Tambo”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa
varría, limpaba, cociñaba… e mentres Pepiño folgaba, durmía e descansaba. Un
día Maruxa decidiu darlle unha lección, e mediante o emprego da retranca
conseguiu mudar as tornas e conseguir que fose o seu marido o que fixese el
mesmo o pan que tanto ansiaba. Dende ese día Maruxa e Pepiño fixeron todo
xuntos compartindo os traballos e os descansos.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Nesta ocasión propoñémosvos un pequeno proxecto feito por nós,
un pouquiño de música, a receita do pan e unha actividade sensorial que
agardamos vos guste moito. Aquí vos quedan!
Preme na imaxe de abaixo para poder
imprimir o PDF do proxecto de Maruxa.
FACEMOS
PAN COMO PEPIÑO: No conto de Maruxa, Pepiño conseguiu todos os
ingredientes para facer o pan e ata acabou facéndoo el mesmo. Por se queredes
facer como Pepiño, aquí vos deixamos unha receita faciliña de pan. Quen se
anima?
BANDEXA
SENSORIAL DE PREESCRITURA… CON FARIÑA: De seguro que tedes visto moitas veces
as caixiñas e bandexas sensoriais para traballar, entre outras moitas cousas, a
lectoescritura, pero nesta ocasión propoñemos cambiar a area por fariña. Con
esta actividade podedes realizar o trazo das letras, números, formas… pero
tamén descubrir o tacto finísimo da fariña e agochar pequenos obxectos nela
para atopalos e clasificalos (por cores, de máis grande a máis pequeno…).
Premede na imaxe para vela en grande e se queredes máis información podedes
entrar no seguinte enlace: http://www.lasmanosdemama.es/bandeja-sensorial-de-preescritura/
E
por último un pouquiño de música!
CANCIÓN
“PAN DE MILLO” DE MIGALLAS: Este Videoclip
foi realizado por Migallas coas nenas e nenos da EEI de Verducido (Pontevedra).
A canción aparece no libro-disco “Pan de Millo” publicado por Kalandraka.
CANCIÓN
DE MARUXA E PEPIÑO: E mirade que canción tan divertida fixeron as
nenas e nenos de 2º de educación primaria do CPI do Feal. Coa música do tema de
Juanes “La camisa negra” adaptaron a letra inspirándose no conto de Maruxa.
Seguro que vos gustará moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario