Mostrando entradas con la etiqueta oso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oso. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Hoxe deixámosvos unha selección moi variada dos vosos traballos. Seguro que vos gustarán tanto coma nos gustaron a nós!

Kendra converteuse na axudante de Oso atrapabolboretas e creou unhas bolboretas moi alegres e coloridas. Mirade que bonitas!


Ainoa e Diego fixeron unhas pulseras para completar o tesouro da Princesa do Caurel. Que coloridas e que ben vos quedan!


Tamén fixeron Un can e un gato con papiroflexia, igual que Leo e Valentina. Agardamos que o pasarades moi ben!




E para rematar, as vosas creacións de arte galega. Ainoa e Diego déronlle cor a unha obra de Leandro Lamas e Leo moldeou e pintou un prato de Sargadelos. Sodes uns artistas! Noraboa!


jueves, 14 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! Mirade cantas bolboretas conseguiron rescatar Leo, Diego, Ainoa, Valentina e Nora! Xunto co Oso Atrapabolboretas facedes un bo equipo! Moitas grazas!







E, para rematar, deixámosvos unha obra inspirada no cubismo de Picasso que foi creada por unha grande artista, Vega! Moitas grazas!

lunes, 11 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: OSO ATRAPABOLBORETAS

Autora: Susanna Isern  Ilustradora: Marjorie Pourchet

Editado en galego por OQO Editora 


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Oso atrapabolboretas é un libro sobre a bondade, e no que se nos amosa que moitas veces as aparencias enganan. Tanto o ganapán (un instrumento para capturar bolboretas) como o oso (un animal enorme e de aparencia feroz) son en realidade un obxecto que se empregará para axudar ás bolboretas e un animal bondadoso que se encargará de rescatalas cando caen ao lago… e toda esa bondade terá a súa recompensa.


ACTIVIDADES RELACIONADAS: Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Un pequeno proxecto e unha actividade de arte e simetrías, elaborados por nós e tamén varias manualidades divertidas para facer bolboretas, e un xogo co que agardamos o pasedes xenial.
Preme na imaxe para acceder ao PDF do proxecto.


E preme tamén na imaxe para descargar as bolboretas para a actividade de arte e simetrías.


I THE BEST IDEAS FOR KIDS: Se premedes enriba da imaxe accederedes á web onde podedes ver paso a paso como se fai esta bolboreta empregando as vosas mans.


E en Pinterest atopamos esta bolboreta en movemento que vos vai a encantar. Deixámosvos un vídeo explicativo para que podades ver o paso a paso. Premede na imaxe!


E por último aquí tedes o xogo: AO RESCATE DAS BOLBORETAS. Agardamos que o pasedes xenial. Premede na imaxe para vela máis grande e descubrir como se xoga.