Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Ola a todos e todas! Esta última semana tamén seguimos tendo noticias vosas! Que ilusión! Deixámosvos por aquí as fotos de David, Valentina, Ainoa, Leo e Sergio. Mirade que artistas e que divertido é facer arte! Todo nos pode servir para crear e xogar!

 



 



Moitas grazas por compartir a vosa diversión! Pronto poderemos divertirnos xuntos!

viernes, 12 de junio de 2020

A SEMANA MUSICAL DE URSO, VIEIROS E MAROSA

Esperamos que ao longo de esta semana disfrutarades da música coas actividades propostas. Pero, aínda vos queda unha máis...ARTE AO AIRE LIBRE!!!, e para levala a cabo non podemos esquecernos da música, que vos axudará a inspirarvos para facer a vosa obra de arte (ao final da entrada deixámosvos unha serie de cancións que sabemos que vos gustan moito).
Como podedes ver a continuación propoñémosvos varias opcións para facer a vosa obra de arte, elexide a que máis vos guste e.....mans á obra!!!!


PINTANDO CON PISTOLA DE AUGA: na imaxe podedes ver como facelo, e se non tedes pistola de auga, podedes usar unha xiringa ou pulverizador de auga.


PINTANDO CON POMPAS: na imaxe podedes ver como facer esta actividade, e tamén vos deixamos o enlace da páxina de onde a sacamos, xa que veñen outras variantes.





XICES E SOMBRAS: As sombras son algo que chama moito a  atención das nenas e nenos. Por iso pensamos nesta actividade que cremos que lles vai encantar, pintar as sombras. Con ela poderedes facer moitos debuxos e distintas variacións combinando varias sombras, tanto de vós mesmos como de obxectos que teñades na casa.

Imaxes extraídas de Pinterest

E xa para rematar, deixámosvos as cancións que vos comentamos arriba. As dúas primeiras son " eu teño alguén" de María Fumaça e "Quérote máis" de Sonoro Maxín; e a última é "Canción de vento" de Pitusa Semifusa na que nos fala dos distintos tipos de instrumentos.





domingo, 7 de junio de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Bos días a todos e todas! Esperamos que esteades pasando unha boa fin de semana! Hoxe imos mostrarvos algunhas das fotos que nos enviastes esta semana. A nós encantáronnos seguro que a vós tamén vos gustarán!

Leo e Valentina fixeron arte e ciencia con auga, cores, xeo e algodón... Pasárono moi ben e mirade que composicións tan coloridas e bonitas! 





Vega e Nora experimentaron co Arco da Vella de Densidades. Que divertida é a ciencia! 



E Ainoa, Diego e Nora seguiron contando contos, completando as fichas e creando personaxes! Que bo traballo!



Moitas grazas por seguir aí! Mañá haberá novas sorpresas! Estade moi pendentes!

viernes, 5 de junio de 2020

A SEMANA CIENTÍFICA DE URSO, VIEIROS E MAROSA


Xa é venres! Que tal a vosa semana científica? Agardamos que o pasarades xenial investigando e facendo os experimentos que vos propuxemos. Pero aínda queda un pouquiño máis que investigar esta semana! Esta vez unimos Ciencia e Arte para realizar unhas propostas moi divertidas que fomentarán a vosa creatividade. Mirade, mirade!

PINTURA CON XEO… A AUGA XA NON É LÍQUIDA, TRANSFORMOUSE EN SÓLIDA!

Lembrades o experimento do luns, no que mesturabamos líquidos de diferentes densidades? Pois agora ides descubrir como un líquido se converte en sólido… O XEO!
Para facer estas pinturas de xeo precisaremos un liquido que todos temos na casa, a auga. Pero como queremos empregala para pintar e facer orixinais obras de arte, imos a transformala nun sólido.


Para logralo precisaremos unhas cubiteiras que encheremos de auga.

En cada cubiño poñeremos unhas pingas de colorante alimentario* (emprega varias cores, e se tes pouquiñas lembra que podes mesturar pingas de cores distintas como por exemplo a amarela e a vermella, así conseguirás unha pintura de xeo laranxa), faino amodiño!

                                                * (Podes cambiar o colorante alimentario por témperas de cores)

Unha vez coloreada a auga metemos a cubiteira no conxelador (podes poñer uns paus para facilitar o emprego das pinturas, pero se non os pos tamén se poden usar) e… paciencia porque temos que conseguir que a auga (que agora está líquida) se conxele e se converta en sólida (xa veredes que dura e fría está).

Para poder pintar coas pinturas de xeo tedes que esperar ata o día seguinte. Cando saques a cubiteira do conxelador a auga xa estará convertida en xeos de cores e poderás colorear folios, cartolinas e ata papel absorbente de cociña. Seguro que o pasaredes xenial!

PINTURA ABSORBENTE CON ALGODÓN: E mentres agardades a que faga o xeo, aquí tedes outra proposta, pintar algodón absorbente!

Algúns materiais sólidos como o algodón, as esponxas ou o papel de cociña son absorbentes. Pero que é iso de absorbente? Pois moi sinxelo, os materiais absorbentes como o algodón atrapan os líquidos… como se os beberan! Si si, por iso cando nos cae algo de auga na mesa usamos o papel de cociña para secala.

Hai outros materiais sólidos, como o plástico ou o vidro que non son absorbentes, se vos cae a auga na mesa e tentades limpala cun plástico, o único que faredes é espallar a auga por toda a mesa. Probade vós a secar auga cun plástico e cun pouco de papel de cociña… cal dos dous materiais absorbeu a auga? Pois ese é o material sólido absorbente!

E como xa sabemos o que é “absorbente” imos a divertirnos e explorar para crear obras de arte!


Premede na imaxe de arriba para ver ben que materiais precisades e comezamos! Se empregades unha bandexiña evitaredes mollar todo pero se facedes este experimento de arte no chan da terraza ou no campo podedes facelo directamente sobre unha cartolina ou cartón.

Primeiro, podedes facer unha composición co algodón ou os discos desmaquillantes (na imaxe vedes unha árbore pero podedes crear o que queirades, ou espallar o algodón libremente). Logo nuns vasiños botades auga cun pouquiño de témpera de cores ou colorante…

E xa podedes experimentar! Con unha pipeta, xiringa ou pincel ides mollando os algodóns coa auga de cores, e mirade! O algodón absorbe a auga que ides botando e coloréase… que ganas de ver as vosas obras de arte absorbentes!

Agardamos que o pasedes xenial con estas propostas, ata o luns!

Estes experimentos están recollidos en “Experiencias y experimentos. 50 actividades sensoriales para entretenerse en casa” de @diverbichillos

sábado, 30 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!

Esta fin de semana presentámosvos a un artista chamado ROMERO BRITTO, é un pintor, serígrafo e escultor brasileiro. Nas súas obras combina elementos do cubismo,a arte pop e a pintura de grafitti, empregando cores vibrantes.

A continuación, podedes ver algunha das súas obras. A que son bonitas? Cal vos gusta máis? Tedes que escoller unha e intentar facela, á vosa maneira (debaixo de cada obra podedes ver algún exemplo do que podedes facer).

Esperamos que disfrutedes facendo esta actividade.

domingo, 24 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Bos días! Hoxe compartímosvos as fotos de Ainoa, Diego, Leo e Valentina nas que nos mostran as actividades que fixeron a partir do conto Nadarín. Canto vos esforzades e que bonito todo o que creades! Grazas por enviárnolo!






Ademais, deixámosvos un debuxo de Claudia Blanco. Co conto Topito Terremoto, acordouse dos seus compañeiros e compañeiras! Que ilusión!


E para rematar, Ian creou unha obra de arte inspirada en Mondrian. Mirade que bonita! Ademais, xogou e aprendeu co conto Chibos Chibóns. Que ben!


Despedímonos ata mañá! Agardamos que esteades a desfrutar desta fin de semana de sol!

viernes, 22 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!!!!

Como xa podemos saír a pasear e está moi bo tempo, propoñémosvos que cando vaiades dar un paseo recollades pedriñas, follas de diferentes formas, paus, flores,..., e calquer outra cousa que vos pareza interesante. Con todo eso, ao chegar a casa, teredes que facer mandalas. 
A continuación deixámosvos un exemplo de mandalas feitas con cousiñas da natureza que atopamos no instagram COSES_DESCOLA, mirade que bonitas!!!!
Seguro que as vosas tamén van a ser espectaculares!! Estamos desexando velas.

lunes, 18 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Hoxe deixámosvos unha selección moi variada dos vosos traballos. Seguro que vos gustarán tanto coma nos gustaron a nós!

Kendra converteuse na axudante de Oso atrapabolboretas e creou unhas bolboretas moi alegres e coloridas. Mirade que bonitas!


Ainoa e Diego fixeron unhas pulseras para completar o tesouro da Princesa do Caurel. Que coloridas e que ben vos quedan!


Tamén fixeron Un can e un gato con papiroflexia, igual que Leo e Valentina. Agardamos que o pasarades moi ben!




E para rematar, as vosas creacións de arte galega. Ainoa e Diego déronlle cor a unha obra de Leandro Lamas e Leo moldeou e pintou un prato de Sargadelos. Sodes uns artistas! Noraboa!


sábado, 16 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE… GALEGA!

Mañá domingo celébrase o Día das Letras Galegas, polo que este fin de semana queremos propoñervos un achegamento lúdico á arte e artistas da nosa terra. De seguro que se facedes unha investigación sobre a arte galega atoparedes moitísima información e moi interesante. Nós fixemos unha pequena escolma que agardamos vos faga pasar momentos divertidos xuntos. Escollede o que máis vos guste, que pasedes un fin de semana xenial!

A CERÁMICA DE SARGADELOS: A cerámica de Sargadelos é coñecida en todo o mundo. As súas vaixelas, xoias, figuras… son moi especiais tanto pola cor azul cobalto que empregan como polos seus deseños. A nosa proposta é que vos convertades en artistas transformando pratos de papel en vaixelas de Sargadelos. Para conseguilo só necesitades pratos de papel e témpera azul (como vedes o azul cobalto é moi intenso, así que se non tedes tempera tan escura podedes mesturar un pouquiño de negro ao voso azul). Na imaxe tedes algúns deseños de Sargadelos, podedes facer algúns deles ou inventar uns novos!


ILUSTRACIÓN GALEGA, LEANDRO LAMAS: Na actualidade hai moitísimos ilustradores e ilustradoras galegas que fan uns traballos preciosos e moi orixinais. Hoxe queremos presentarvos a un deles, Leandro Lamas. Podedes colorear as súas láminas (premede na imaxe para descargala) ou ben atrevervos a ilustrar coma el, seguro que vos sairá xenial!

Mirade que ilustracións tan coloridas fai Leandro! Podedes velas en moitas portadas de libros, discos, murais, carteis… 


PREME NA IMAXE DE ABAIXO PARA DESCARGAR O COLOREABLE


PINTURA GALEGA, JULIA MINGUILLÓN: Xulia Minguillón era unha pintora figurativa lucense, figurativa porque as cousas que debuxaba recoñecíanse moi ben. Os seus cadros representaban escenas cotiás, mirade!


A continuación deixámosvos este cadro: “Escola de Doloriñas” para que o convertades nun crebacabezas (lembrade seguir as liñas de puntos moi amodiño). O orixinal podedes velo no Museo Provincial de Lugo. Premede na imaxe para descargar o PDF


ESCULTURA GALEGA, CAXIGUEIRO: E se vos atrevedes coa escultura presentámosvos a un escultor de Mondoñedo, Daniel Río Rubal, coñecido como Caxigueiro. Se queredes coñecer un pouquiño a súa obra premede na imaxe. E xa sabedes, podedes crear as vosas propias esculturas empregando materiais da natureza, barro, plastilina, material de refugallo.. Animádesvos?

martes, 12 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Mirade con cantas fotos das vosas artistadas nos xuntamos hoxe! Encántanos todo o que creades. Cada obra é diferente e especial. Sempre nos sorprendedes! Moitas grazas Vega, Ainoa, Diego, Lydia, Ian, Leo, Lía, Nora, Valentina e Naiara! Seguide así!