sábado, 13 de febrero de 2021

ANTEFACES COLORIDOS

Aínda que o clima e as circunstancias non acompañen moito, non podíamos deixar de celebrar o Entroido polo Piso de Abaixo, así que decidimos crear uns antefaces polo xoves de comadres como vén sendo habitual. Para decoralos empregamos TIPS, unha especie de boliñas de espuma de cores que humedecemos un pouquiño con toalliñas e queda pegada sobre calquera superficie. Gustounos moitísimo usar este material! Que vivan os antefaces coloridos para os días grises!









miércoles, 3 de febrero de 2021

ACTIVIDADES NA CASIÑA

Por aquí vos deixamos máis fotos dos vosos traballiños feitos na casa. Grazas por compartilas e por esforzarvos tanto! Están xenial! Agardamos que o pasarades moi ben facéndoos!