O CONTO DE HOXE É: RANA DE 3 OJOS
Autora: Olga de Dios Editorial: Apila
Vídeo extraído da canle de youtube "La caléndula"
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dunha reflexión sobre o estado do noso planeta, que transmite o que significa vivir na sensible pel dos anfibios, un dos grupos animais máis amenazados do planeta.
Este conto pretende ensinar aos máis pequenos valores como o consumo responsable e o respecto cara a natureza. Pero tamén trata sobre a diversidade, a igualdade de xénero e a transmisión de cultura e coñecemento. E todo isto a autora faino cuns personaxes e unhas historias que enganchas aos máis pequenos/as.
ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para traballar este contiño deixámosvos un pequeno proxecto, algunhas manualidades e a canción sobre o conto, que sabemos que vos gusta moito!
Miniproxecto do conto. Premendo na imaxe podedes descargar o PDF.
No PDF que vos deixamos a continuación, elaborado por SOGAMA, podedes ver que temos que meter en cada colector. Podedes velo premendo AQUÍ.
RECICLAMOS E REUTILIZAMOS
Para este conto atopamos unhas actividades na páxina https://gramho.com. Como xa dixemos este conto fálanos de coidar o medio ambiente, a produción innecesaria continua e a posibilidade de reutilizar, e diso tratan estas actividades. Con rolos de papel hixíenico e uns aros de cartón preparan todos estes xogos e actividades.
FABRICAMOS UNHA RA CON MATERIAL DE REFUGALLO
Na seguinte imaxe podedes ver ras feitas con pedras, rolos de papel, platos, globos....e outros materiais que se poden reutilizar e reciclar. Animádesvos a facer unha??
CANCIÓN: "EL BAILE DEL CAMBIO"
Esta é unha canción infantil para este conto, a música e a letra por Erik Sjöholm, e Tamara González.
Vídeo extraído da canle de Youtube " Sharing Learnings"
Con este conto de hoxe poñemos fin á sección "Un conto cada día". Comezamos o mes de xuño, así que o luns atoparedes no blog unha nova sorpresa, estade moi atentos! Moitas grazas a todos e todas as que nos seguistes e agardamos que teñades desfrutado dos contos en familia!
Con este conto de hoxe poñemos fin á sección "Un conto cada día". Comezamos o mes de xuño, así que o luns atoparedes no blog unha nova sorpresa, estade moi atentos! Moitas grazas a todos e todas as que nos seguistes e agardamos que teñades desfrutado dos contos en familia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario