domingo, 31 de mayo de 2020

A SEMANA CIENTÍFICA DE URSO, VIEIROS E MAROSA


Comeza o mes de Xuño e Urso, Vieiros e Marosa queren propoñervos varios retos científicos!

A Ciencia está ao noso redor e todos vós xa fixestes un montón de experiencias ao longo destes meses (o bote da calma, a elaboración de tinta invisible, chuvia con espuma e colorante, o experimento dos virus con pementa…).

Por iso as nosas mascotas pensaron que o pasariades xenial descubrindo un montón de cousas novas! Estades preparados para convertervos en grandes científicas e científicos? Aquí vos deixamos o primeiro experimento!

E atentos! podedes cubrir as fichas técnicas que vos deixamos para imprimir. Así  recordaredes como se fan e anotaredes as vosas impresións! A divertirse coa Ciencia!

EXPERIMENTO 1 – ARCO DA VELLA DE DENSIDADES

Este experimento quere amosarnos que non todos os líquidos pesan o mesmo, uns son máis densos e outros menos. E canto máis densos son máis pesan!


Pero que son os líquidos? O leite, a auga, o mel, o suavizante da roupa… Son substancias líquidas. Son escorregadizas (é moi difícil atrapalas coas nosas mans) e ademais adáptanse á forma dos obxectos que as conteñen. Por exemplo, se metemos auga nunha botella adáptase a esa forma enchendo todos os oquiños… se a metemos nun vaso ou nun cubo da praia ou nunha copa alongada adaptarase tamén a esas formas.


Pois ben, imos a comprobar que pasa se mesturamos líquidos con distintas densidades… Comezamos! Premede na imaxe de arriba para ver os materiais que precisas para este experimento.

Nun frasco ou botella de vidro metemos os líquidos de distinta densidade na seguinte orde:
  1. Metemos un pouquiño de mel
  2. Despois un pouquiño de lavavaixelas líquido
  3. Agora auga cun pouquiño de colorante vermello (para poder distinguila despois)
  4. Seguido un pouco de aceite (pode ser de xirasol ou de oliva)
  5. E por último o alcohol cunha pinga de colorante azul

Xa están todos os líquidos dentro da botella, verdade que non queda ningún oquiño baleiro entre eles? Pois ben, agora tes que deixalo repousar uns minutos e… CIENCIA! Seguro que podes ver perfectamente cada líquido separado dos outros. O que está abaixo é o que máis pesa (é o máis denso) e o que ten menos densidade (o que menos pesa) queda arriba de todo! Fíxate.

Investiga máis… como podedes ver, os líquidos da botella ocuparon todo o seu espazo, sen ocos no medio. Agora podes probar a meter garabanzos nun vaso ou frasco de vidro… quedan ocos entre eles? Os garabanzos son líquidos?


Premede na imaxe de arriba para descagar o PDF coas fichas técnicas.

Este experimento está recollido en “Experiencias y experimentos. 50 actividades sensoriales para entretenerse en casa” de @diverbichillos

sábado, 30 de mayo de 2020

FIN DE SEMANA CON MOITA ARTE!

Esta fin de semana presentámosvos a un artista chamado ROMERO BRITTO, é un pintor, serígrafo e escultor brasileiro. Nas súas obras combina elementos do cubismo,a arte pop e a pintura de grafitti, empregando cores vibrantes.

A continuación, podedes ver algunha das súas obras. A que son bonitas? Cal vos gusta máis? Tedes que escoller unha e intentar facela, á vosa maneira (debaixo de cada obra podedes ver algún exemplo do que podedes facer).

Esperamos que disfrutedes facendo esta actividade.

viernes, 29 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Nestes días de calor... Que ben veñen os refrescantes limóns! Hoxe compartísmosvos todo o que argallastes con este conto que vos preparamos con tanta ilusión. Nunca deixades de sorprendernos! Moitas grazas a todos e todas!














URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: RANA DE 3 OJOS

Autora: Olga de Dios    Editorial: Apila


Vídeo extraído da canle de youtube "La caléndula"

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Trátase dunha reflexión sobre o estado do noso planeta, que transmite o que significa vivir na sensible pel dos anfibios, un dos grupos animais máis amenazados do planeta.
Este conto pretende ensinar aos máis pequenos valores como o consumo responsable e o respecto cara a natureza. Pero tamén trata sobre a diversidade, a igualdade de xénero e a transmisión de cultura e coñecemento. E todo isto a autora faino cuns personaxes e unhas historias que enganchas aos máis pequenos/as.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Para traballar este contiño deixámosvos un pequeno proxecto, algunhas manualidades e a canción sobre o conto, que sabemos que vos gusta moito!

Miniproxecto do conto. Premendo na imaxe podedes descargar o PDF.

No PDF que vos deixamos a continuación, elaborado por SOGAMA, podedes ver que temos que meter en cada colector. Podedes velo premendo AQUÍ.

RECICLAMOS E REUTILIZAMOS
Para este conto atopamos unhas actividades na páxina https://gramho.com. Como xa dixemos este conto fálanos de coidar o medio ambiente, a produción innecesaria continua e a posibilidade de reutilizar, e diso tratan estas actividades. Con rolos de papel hixíenico e uns aros de cartón preparan todos estes xogos e actividades.
Pinchando na imaxe podedes ver o PDF coas propostas de xogos e actividades.


FABRICAMOS UNHA RA CON MATERIAL DE REFUGALLO
Na seguinte imaxe podedes ver ras feitas con pedras, rolos de papel, platos, globos....e outros materiais que se poden reutilizar e reciclar. Animádesvos a facer unha??

CANCIÓN: "EL BAILE DEL CAMBIO"
Esta é unha canción infantil para este conto, a música e a letra por Erik Sjöholm, e Tamara González

Vídeo extraído da canle de Youtube " Sharing Learnings"

Con este conto de hoxe poñemos fin á sección "Un conto cada día". Comezamos o mes de xuño, así que o luns atoparedes no blog unha nova sorpresa, estade moi atentos! Moitas grazas a todos e todas as que nos seguistes e agardamos que teñades desfrutado dos contos en familia!

jueves, 28 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Seguimos pola Sabana Africana... Leo e Valentina anímaronse con algúns dos xogos propostos no conto Quiero ser como tú e Ainoa e Diego coñeceron a Mariluz Avestruz. Que animais tan particulares nos mostran os contos e... Canto nos fan viaxar! 





E despois de coñecer lugares remotos... Que ben senta volver á casa! Moi pretiño de nós atopamos pitiños coma O Polo Pepe. Mirade que bonitos os de Diego, Ainoa, Nora e Vega! 



Moitas grazas a todos e todas e atá mañá!

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: MARUXA

Escritora: Eva Mejuto   Ilustradora: Mafalda Milhoes


Editado en galego por OQO Editora




Curtametraxe de animación extraída da canle de youtube “O recuncho de Tambo” 


BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Maruxa e Pepiño vivían na aldea. Maruxa varría, limpaba, cociñaba… e mentres Pepiño folgaba, durmía e descansaba. Un día Maruxa decidiu darlle unha lección, e mediante o emprego da retranca conseguiu mudar as tornas e conseguir que fose o seu marido o que fixese el mesmo o pan que tanto ansiaba. Dende ese día Maruxa e Pepiño fixeron todo xuntos compartindo os traballos e os descansos.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Nesta ocasión propoñémosvos un pequeno proxecto feito por nós, un pouquiño de música, a receita do pan e unha actividade sensorial que agardamos vos guste moito. Aquí vos quedan!

Preme na imaxe de abaixo para poder imprimir o PDF do proxecto de Maruxa.


FACEMOS PAN COMO PEPIÑO: No conto de Maruxa, Pepiño conseguiu todos os ingredientes para facer o pan e ata acabou facéndoo el mesmo. Por se queredes facer como Pepiño, aquí vos deixamos unha receita faciliña de pan. Quen se anima?


BANDEXA SENSORIAL DE PREESCRITURA… CON FARIÑA: De seguro que tedes visto moitas veces as caixiñas e bandexas sensoriais para traballar, entre outras moitas cousas, a lectoescritura, pero nesta ocasión propoñemos cambiar a area por fariña. Con esta actividade podedes realizar o trazo das letras, números, formas… pero tamén descubrir o tacto finísimo da fariña e agochar pequenos obxectos nela para atopalos e clasificalos (por cores, de máis grande a máis pequeno…). Premede na imaxe para vela en grande e se queredes máis información podedes entrar no seguinte enlace: http://www.lasmanosdemama.es/bandeja-sensorial-de-preescritura/


E por último un pouquiño de música!


CANCIÓN “PAN DE MILLO” DE MIGALLAS: Este Videoclip foi realizado por Migallas coas nenas e nenos da EEI de Verducido (Pontevedra). A canción aparece no libro-disco “Pan de Millo” publicado por Kalandraka.


CANCIÓN DE MARUXA E PEPIÑO: E mirade que canción tan divertida fixeron as nenas e nenos de 2º de educación primaria do CPI do Feal. Coa música do tema de Juanes “La camisa negra” adaptaron a letra inspirándose no conto de Maruxa. Seguro que vos gustará moito!


miércoles, 27 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! A entrada de hoxe vai de animais! Con plumas, peludos, grandes, pequenos, amarelos... Todos diferentes e algúns repetidos! Claudia e Enzo coñeceron ó ratiño Frederick; Nora á avestruz Mariluz; e Leo, Valentina,Vega e Kendra ó Polo Pepe. Canto vos esforzades! Moi ben!









Moitas grazas a todos e todas! Atá mañá!

martes, 26 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: QUIERO SER COMO TÚ

Autora: Cristina Oleby       Ilustradora: Silvina Eduardo  
 Editorial: Autopublicación a través de Verkami


Conto sacado da canle de Youtube  "Cuentos en la nube"

BREVE DESCRIPCIÓN DO CONTO: Os animais da sabana africana están tristes e apagados. Non lles gusta como son. A león non lle gusta o seu pelo longo, él quere parecer elegante como Leopardo. Leopardo desexa ter o pescozo longo como Xirafa. Xirafa prefire ser baixiña, como Cebra. Cebra admira a pel monocromática de Elefante. A Elefante, gustaríalle ter orellas pequeniñas como Rinoceronte. E a Rinoceronte encantaríalle ter un pelazo coma o de León.
Que ocorrería se todos decidiran cambiar e deixaran de ser eles mesmos?

ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Na páxina thebigbagteacher.com atopamos moito material moi interesante para traballar este conto. Como un  memori salvaxe, un xogo con dados e ruleta, un xogo de sombras, fichas dos animais do conto e moito máis. Premede nas imaxes para poder descargar os PDF, pero lembrade que non tedes que facer todo o que vos poñemos, son para que poidades escoller as que máis vos gusten.

Este é un memory diferente, por cada animal hai 5 tarxetas que tedes que atopar, unha co debuxo do conto, outra coa foto real do animal, outra co nome, outra coa silueta e a última co debuxo que fagades vos.

Como se moven os animais? Somos capaces de imitalos? Teremos que tirar o dado e movernos igual que o animal que nos tocou, tamén podemos xogar a adiviñar de que animal se trata.

Trátase de un xogo de mímica, teremos que darlle a ruleta e imitar ao animal que nos toca, pero con xestos, non vale falar, para que os outros adiviñen.

Son unhas plantillas nas que aparecen os animais coas partes do corpo cambiadas. O xogo é sinxelo, fixarse e poñer unha pinza, nas partes do corpo que fan ese novo animal!

Neste PDF podedes descargar un puzzle para unir animal con sombra, unha fichiña para unir a silueta co nome correcto e as siluetas dos personaxes do conto para facer un teatriño de sombras.

Toca coñecelos a fondo e para eso neste PDF atoparedes unhas fichas para cubrir, podedes facer estas ou facer vós un mural onde se poidan comparar as semellanzas e diferenzas de cada un!!!

E para rematar unha ficha para reflectirnos a nós mesmos. COMO SOMOS!!

Pinchando neste enlace podedes ver a explicación máis completa das actividades. FICHEIRO : QUIERO SER COMO TÚ

E como case sempre rematamos cunha canción, neste caso "Dime que fixeches": CANTA CONNOSCO! de Migallas Teatro

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Hoxe imos amosarvos un pouquiño de todo: contos, arte, pasatempos, manualidades... Agardamos que estas fotos vos gusten tanto como a nós!

Enzo e Claudia completaron o tesouro da Princesa do Caurel con colares e brazaletes moi bonitos. Ademais, escribiron os nomes das personaxes do conto na súa pizarra. Que ben!


Nora creou unha peceira moi orixinal para Nadarín e xogou a ordenar as culleres grandes, medianas e pequenas, igual que os tres Chibos Chibóns. Encantounos a idea!



Claudia compuxo unha avestruz moi chula que, igual que Mariluz, vive na Sabana Africana. Tamén completou o caderno de fichas de Nadarín. Moi ben!


David creou moitas bolboretas diferentes e completou o caderno do conto Oso atrapabolboretas. Que coloridas!


E, para rematar, deixámosvos unhas fotos de Ian que creou un retrato ó estilo de Picasso. Encántanos Ian, es un artista!


Moitas grazas a todos e todas! Atá mañá!

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: O POLO PEPE

Autor: Nick Denchfield     Ilustrador: Ant Parker

Editado en galego por SM

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Que comeu o polo Pepe para medrar tanto? Mira este vídeo e descubriralo.


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

ACTIVIDADES RELACIONADAS
Imos facer unhas fichas do Polo Pepe, podedes imprimir e escoller as que máis vos gusten. Premede nas imaxes para descargalas.





Bingo! Propoñémosvos o xogo do bingo, para desfrutar en familia. Con cada unha destas plantillas que vos deixamos podedes xogar ata 4 persoas, só tedes que imprimilas e meter nalgún recipiente os números do 1 ó 6 para ir extraéndoos ó azar.

Nesta primeira versión, inclúese a grafía do número. Premede na imaxe para descargala. 


Nesta segunda versión, non aparece a grafía dos números polo que teredes que contar cantos polos hai para saber se podedes riscar ou non a casilla.


Manualidadesdistintas formas de facer un poliño con diferentes materiais. Este poliño tan simpático é moi sinxelo de facer, tan só necesitaremos un globo amarelo, area ou fariña (para enchelo) e un pouco de cartolina laranxa e amarela (para facer o pico, as patas e as ás).


E na seguinte imaxe deixámosvos algunha idea máis. Escollede a que máis vos guste!


Imaxes extraídas de Pinterest

E para rematar este conto, a canción do Polo Pepe, que tanto nos gusta!