O CONTO DE
HOXE É: OSO ATRAPABOLBORETAS
Autora:
Susanna Isern Ilustradora: Marjorie
Pourchet
Editado en
galego por OQO Editora
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: Oso atrapabolboretas é un libro sobre a
bondade, e no que se nos amosa que moitas veces as aparencias enganan. Tanto o
ganapán (un instrumento para capturar bolboretas) como o oso (un animal enorme
e de aparencia feroz) son en realidade un obxecto que se empregará para axudar
ás bolboretas e un animal bondadoso que se encargará de rescatalas cando caen
ao lago… e toda esa bondade terá a súa recompensa.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Un pequeno
proxecto e unha actividade de arte e simetrías, elaborados por nós e tamén varias
manualidades divertidas para facer bolboretas, e un xogo co que agardamos o
pasedes xenial.
Preme na imaxe para acceder ao PDF do
proxecto.
E preme
tamén na imaxe para descargar as bolboretas para a actividade de arte e
simetrías.
I
THE BEST IDEAS FOR KIDS: Se premedes enriba da imaxe accederedes á web onde
podedes ver paso a paso como se fai esta bolboreta empregando as vosas mans.
E en Pinterest atopamos esta
bolboreta en movemento que vos vai a encantar. Deixámosvos un vídeo explicativo
para que podades ver o paso a paso. Premede na imaxe!
E por último aquí tedes o xogo:
AO RESCATE DAS BOLBORETAS. Agardamos que o pasedes xenial. Premede na imaxe
para vela máis grande e descubrir como se xoga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario