lunes, 18 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: AS PITAS BAIXO A CHOIVA

Autor: Ricardo Carvalho Calero  Editado por Edicións Embora


Vídeoconto extraído da canle de Youtube STEMVILA VERDE MOURE

Ademais, queremos compartirvos a canción do conto creada polo mestre Iván Vale.


Vídeo extraído da canle de Youtube Kókiti

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Esta pequena historia conta como Ricardo, nunha tarde de choiva, intentou meter ás pitas dentro da casa… Non quería que se acatarrasen con tanta auga que lles caía por riba. Aínda que ao principio o pai de Ricardo lle dicía que volvera para dentro porque as plumas das pitas eran impermeables, todos os da casa acabaron axudando. Conseguírono, iso si, acabaron mollados coma pitas!


ACTIVIDADES RELACIONADAS: Nesta ocasión aproveitamos para enlazar as actividades propostas que están á nosa disposición en  diversas webs como “Aulas Galega” e “A Primavera das Letras”.

AULAS GALEGA: Enlazamos un PDF onde podedes ver a biografía de Ricardo Carvalho Calero e varias actividades apoiadas con pictogramas. Preme na imaxe para descargar o PDF elaborado por Milinha.


A PRIMAVERA DAS LETRAS: Nesta web atoparedes moitísimas actividades (a maioría para nenas e nenos máis maiores). Podedes acceder (premendo na imaxe de abaixo) e explorar todas as súas propostas.


Pero nós deixámosvos aquí dúas que nos parecen máis axeitadas paras as nenas e nenos de infantil.

Preme na imaxe para descargar o PDF cos coloreables:


Preme na imaxe para acceder á actividade interactiva sobre o conto “As pitas baixo a Choiva”


Agora queremos propoñervos que fagades un experimento científico… Lembrades que Ricardo quería protexer ás galiñas da choiva? Pois, que vos parece se conseguimos facer choiva dentro dun frasquiño? Animádesvos?


Experimento extraído do blog “Laughing Kids Learn”. Premede no enlace para acceder.


E xa por último, por se queredes coñecer un pouquiño mellor a Ricardo Carvalho Calero… que vos parece se volo contan Os Bolechas? O Portal da Lingua Galega permítenos ver o conto, Premede na imaxe!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario