lunes, 21 de junio de 2021

UN MUSEO AO AIRE LIBRE

Para rematar o curso, fomos de excursión pola nosa vila, fotografando todos os murais e instalacións do noso "Museo ao aire libre". Despois, recuperamos forzas cun bo aperitivo e xogamos no Parque da Constitución. Queredes ver o ben que o pasamos? Pois premede na foto de cada grupo!




E con esta entrada aproveitamos para despedirnos. Xa case rematou este curso tan diferente e só podemos agradecervos o voso esforzo e a vosa paciencia. Grazas por ensinarnos a sorrir só coa mirada e esperamos volver ver os vosos sorrisos moi pronto! Pasade un bo verán!

lunes, 7 de junio de 2021

FÓSILES DE AMONITES EN 3D

Estes días os nenos e nenas de infantil aprendemos que son os fósiles, que podemos ver en museos como o Xeolóxico de Quiroga ou, se temos sorte, nunha excursión polo noso Xeoparque. Para iso, creamos un fósil de amonites empregando arxila branca e uns modelos en miniatura que imprimimos na impresora 3D que hai na biblioteca do colexio. Ademais, tamén subimos ver como esta máquina tan sorprendente creaba fósiles novos. Gustounos moitísimo! Mirade!