Mostrando entradas con la etiqueta chocolata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta chocolata. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes! Moitas grazas por axudarlle a Chocolata na súa visita á cidade! Seguro que está moi contenta coa roupa que lle comprastes e co baño que estaba no outro lado do labirinto! Que ben!

Compartímosvos as fotos que nos envían Diego, Ainoa, Nora, Sergio, Valentina, Leo, Claudia e David! Algúns e algunhas sodes chef de primeira! Que boa pinta ten o que cociñastes!








miércoles, 6 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA

O CONTO DE HOXE É: CHOCOLATA

Autora: Marisa Núñez  Ilustradora:  Helga Bansch

Editado en galego por OQO Editora


Videoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Chocolata é unha hipopótama que vive na sabana e disfruta moito dos seus baños na compaña dos seus amigos, pero un día entérase de que na cidade hai una casa de baños, e nin corta nin preguiceira ponse en marcha en busca de novas emocións.

ACTIVIDADES RELACIONADAS:

De compras con Chocolata! Imos vestir a Chocolata coa roupa que mercou na cidade, para iso necesitamos recortar a chocolata e a roupa, e pintala da cor que nos di no conto. Premede na imaxe para descargar a versión en PDF para imprimir. Vai ser moi divertido!


Canta con Chocolata! Escoitamos e cantamos a canción de Chocolata de Almudena Janeiro.


Cociña con Chocolata! Imos facer un BROWNIE en taza, tan só 1 minuto ó microondas. Premede na imaxe para descargar a receita. (Receita extraída do blog de VelSid)
Axuda a Chocolata! E para rematar, uns labirintos de Chocolata. Preme na imaxe para descargar o PDF e axudar a Chocolata e a Teófilo. No primeiro, Chocolata ten que chegar ó que máis lle gusta facer, tomar un baño. No segundo, Teófilo ten que chegar a xunto da súa amiga Chocolata.