miércoles, 24 de marzo de 2021

HELLO WINTER!

Hello everybody! Hoxe imos contarvos algunhas das actividades que fixemos este winter (inverno) nas clases de English. Agardamos que vos gusten!

Na aula da Raposa Marosa, traballamos colours e actions. Primeiro, coloreamos mittens (manoplas) da cor do noso equipo e, despois, xogamos con elas a facer a acción que correspondía segundo a canción. Aquí podedes ver unhas fotos nosas coas mittens e tamén vos deixamos a canción para que xoguedes todas as veces que queirades! Pasadeo moi ben!



E na aula do Esquío Martiño, tamén traballamos colours e actions para crear uns bonitos snowflakes (copos de neve) empregando papeliños de cor blue (azul). Tamén vos deixamos as nosas fotos e a canción que aprendemos para que a escoitedes todas as veces que queirades!




Have a nice holiday! Pasade unhas boas vacacións!

jueves, 18 de marzo de 2021

UNHA SEMANA NA CASIÑA

Esta semana os nenos e nenas da Raposa Marosa aprendimos dende a casa! Por aquí vos deixamos as actividades que nos enviaron Diego, Nora, Claudia e Enzo! Moitas grazas por compartilas!