viernes, 19 de junio de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! Deixámosvos as últimas fotos que nos chegaron das vosas actividades. Moitas grazas pola vosa gran implicación durante estes meses tan complicados. Agardamos tervos feito o confinamento un pouco máis divertido. A nós animástesnolo moito! Pasade un bo verán! Vémonos á volta! 







URSO, VIEIROS E MAROSA DESÉXANVOS UN FELIZ VERÁN

Chegou o esperado verán! Hoxe rematamos o curso dunha forma moi rara... Pero non podíamos irnos sen deixarvos unha mensaxe moi especial. As vosas mestras estamos moi orgullosas do ben que o fixestes todos estes meses tan difíciles. Moitas grazas por seguir sempre tan cerquiña aínda que nos separara a distancia! Seguro que a próxima vez que nos vexamos vai ser moi especial! Ata pronto!

miércoles, 17 de junio de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Ola a todos e todas! Esta última semana tamén seguimos tendo noticias vosas! Que ilusión! Deixámosvos por aquí as fotos de David, Valentina, Ainoa, Leo e Sergio. Mirade que artistas e que divertido é facer arte! Todo nos pode servir para crear e xogar!

 



 



Moitas grazas por compartir a vosa diversión! Pronto poderemos divertirnos xuntos!

URSO, VIEIROS E MAROSA DESÉXANVOS UN FELIZ VERÁN

E seguimos xogando para rematar o curso... Como parece que volverá saír o sol, hoxe queremos facervos dúas propostas de xogos moi refrescantes. E por se o ceo se volve cubrir outras dúas para o interior. Agardamos que vos gusten!

BURBUSERPES

Para facer serpes de burbullas coma as da imaxe só precisades unha botella de plástico, un calcetín vello, unha goma elástica (ou corda) e un caldeiro de auga con xabón tipo Fairy. Tedes que cortar o fondo da botella e cubrilo co calcetín procurando que quede o máis tenso posible (axustádeo cunha goma ou unha corda se o vedes necesario). Despois, mollades o calcetín no caldeiro de auga e xabón, soprades forte pola parte de arriba da botella e... Sorpresa! A ver que serpes tan longas conseguides facer! Estamos desexando velas!


Esta activididade e a imaxe foron extraídas do blog One Little Project. Para máis información podedes premer na seguinte ligazón: https://onelittleproject.com/bubble-snakes/

ESCORRER E ENCHER

Para este xogo precisades dous caldeiros, un cheo de auga e outro baleiro, e unha esponxa. Trátase dunha tarefa moi sinxela pero divertida: separamos os dous caldeiros de auga unha distancia determinada (segundo as ganas que teñamos de correr) e, empregando a esponxa, temos que baleirar a auga do caldeiro que está cheo e encher o que está baleiro. Enchoupamos a esponxa, levámola rapidamente ó outro caldeiro e apretámola ata que non lle quede ningunha pinguiña! Podedes cronometrarvos, retarvos a perder a menor cantidade de auga posible, facelo en equipo, contar as viaxes que necesitades facer dun caldeiro a outro... Como se vos ocorra!


Esta activididade e a imaxe foron extraídas do blog The Resourceful Mama. Para máis información podedes premer na seguinte ligazón: https://www.theresourcefulmama.com/fill-the-bucket-outdoor-water-game/


SUDOKU FLORAL

E aquí vai unha proposta para pensar un pouco, un Sudoku Floral. Seguro que todos coñecedes este pasatempo de orixe xaponesa pero recordámosvos as regras. Os catro tipos de flores non poden coincidir na mesma fila en horizontal e vertical, nin no mesmo cadrado. Este é só un exemplo pero podedes facer sudoku con outros elementos que imaxinedes.



E CHEGOU O VERÁN!

E da primavera florida pasamos ó verán! Queremos compartir con vós un caderno de vacacións elaborado no CEIP de Cervo. Moitas grazas! Premede na seguinte ligazón para velo e descargalo.