O CONTO DE HOXE É: O POLO PEPE
Editado en galego por SM
BREVE INFORMACIÓN DO
CONTO: Que comeu o polo Pepe para medrar tanto? Mira este vídeo e descubriralo.
Videoconto
extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
Imos facer unhas fichas do Polo Pepe,
podedes imprimir e escoller as que máis vos gusten. Premede nas imaxes para descargalas.
Bingo! Propoñémosvos o xogo do bingo, para
desfrutar en familia. Con cada unha destas plantillas que vos deixamos podedes xogar ata 4 persoas, só tedes que imprimilas e meter nalgún recipiente os números do 1 ó 6 para ir extraéndoos ó azar.
Nesta primeira versión, inclúese a grafía do número. Premede na imaxe para descargala.
Nesta segunda versión, non aparece a grafía dos números polo que teredes que contar cantos polos hai para saber se podedes riscar ou non a casilla.
Manualidades, distintas formas de facer un poliño con diferentes materiais. Este poliño tan simpático é moi sinxelo de facer, tan só necesitaremos un globo amarelo, area ou fariña (para enchelo) e un pouco de cartolina laranxa e amarela (para facer o pico, as patas e as ás).
E na seguinte imaxe deixámosvos algunha idea máis. Escollede a que máis vos guste!
Imaxes extraídas de Pinterest
E
para rematar este conto, a canción do Polo Pepe, que tanto nos gusta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario