Boas tardes! Agardamos que teñades desfrutado desta tarde de sol! Por aquí amosámosvos as vosas creacións relacionadas co conto A princesa do Caurel. Facedes auténticas virguerías! Leo e Valentina completaron o tesouro da princesa con moitas xoias e Vega e Nora crearon dúas princesas moi bonitas con material de refugallo. Noraboa a todos e todas polo voso traballo!
Ademais, ensinámosvos os conxuntos de roupa que Martina comprou para Chocolata. Que ben combinan! E, para rematar, mostrámosvos como axudaron Nora e Kendra a Paco papán. Moitas grazas! Que faría Paco sen vós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario