jueves, 16 de febrero de 2023

Semana da densidade!!

 Continuamos investigando cousiñas sobre a auga, e esta semana tocou a densidade!!

Para entendela fixemos un experimento con auga, aceite corporal e colorante.

Cal pesa máis?

Que pasa se botamos gotas de auga no aceite?

E se removemos?

Puidemos comprobar que a auga é máis densa que o aceite, polo que, pesa máis. Iso ocasiona que as gotas de agua se afundan no aceite e por moito que removamos non se mesturan. Definitivamente a auga e o aceite non son moi amigos!!




sábado, 4 de febrero de 2023

O ciclo da auga!

 Continuamos investigando sobre a auga!

Esta semana centrámonos o ciclo desta a través da nosa amiga GOTIÑA que viaxa polo mundo.

Coñecemos nomes novos como a evaporación, a condensación e a precipitación. Ademais fomos observando como sucedes estes fenómenos mediante diversos experimentos.

Rematamos a semana levando unha gotiña para a casa, para que cada neno e nena lles poida contar ás familias como viaxa dende a terra ata o ceo!

Que nos esperará para a vindeira semana...???