O CONTO DE HOXE
É: PÁJARO AMARILLO
BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: O
protagonista deste conto é un pequeno páxaro amarelo que se distingue de todos
os seus amigos que poden voar por unha gran capacidade: a de crear inventos. A
diversidade é un dos temas que se abordan a través deste conto. Pájaro Amarillo
comparte cos seus amigos e amigas todas as súas creacións e desfruta con eles e
elas, ata que queda só, xa que todos os paxaros emprenden viaxes a outros
lugares do mundo. Ao recibir postais deles, séntese moi triste e expresa a súa
tristeza debido a frustración de non poder voar, de non poder vivir a vida tal
e como poden as súas amigas e amigos. Que fará para solucionar iso? Descúbreo
no conto.
ACTIVIDADES RELACIONADAS:
AVES E CONTINENTES: Para traballar con este libro elaboramos unas
tarxetas sobre aves e continentes, posto que ó inicio e final do conto aparece
o planisferio.
EXPERIMENTOS: Imos facer un pouco de maxia. Este é un experimento moi sinxelo no que só necesitades un vaso, papel e auga. Mirade o vídeo e a probar vós. Fixádevos na man que ten o parafuso.
Isto
daranos moito xogo, xa que ademais de aprender os nomes das diferentes aves,
van poder relacionalas co continente ao que pertencen e así aprender tamen os
continentes dunha forma manipulativa
Pinchando
na imaxe podedes entrar no PDF no
que tedes as tarxetas das aves e dos continentes, así como dos nomes de todas
elas. Podedes imprimilos e recortalos para poder xogar con eles ou ben
debuxalos. Como vos prefirades.
Nestas
imaxes, sacadas de https://elauladejanire.wordpress.com/2015/11/02/cuento-sobre-compartir-y-colaborar-pajaro-amarillo/
podedes ver como
empregar ese material.
SOMOS INVESTIGADORES: Deixámosvos un pequeno
proxecto de investigación das aves que saen no conto. Con todas elas podedes
facer un caderno de investigación. Xa sabedes que o que vos deixamos no blog
son ideas para facer, non tedes porque facelo todo. Premendo na imaxe podedes ver e descargar o
PDF.
UN POUCO DE MANUALIDADES: Sabedes que a Paxaro Amarelo lle encanta crear cousas, pois nós imos propoñervos facer un paxariño moi moi divertido e colorido, só necesitades un anaco de catón, nel debuxade o paxariño e pintádeo ou decorádeo como vos guste, podedes empregar todo o que queirades. Estamos desexando ver que paxariños tan fermosos creades. Na seguinte imaxe deixámosvos un exemplo por se non se vos ocorre nada...
Imaxes sacadas de Pinterest
EXPERIMENTOS: Imos facer un pouco de maxia. Este é un experimento moi sinxelo no que só necesitades un vaso, papel e auga. Mirade o vídeo e a probar vós. Fixádevos na man que ten o parafuso.
E para rematar unha rima con movemento de Tamara Chubarovsky, EL POLLITO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario