domingo, 23 de junio de 2019

FIN DE CURSO

O venres demos por finalizado o curso, e para celebralo fixemos un gran festival, os máis pequeniños cantamos e escenificamos 3 cancións, O Polo Pepe, Paco Papán e A mellor sopa do mundo. E ademáis desto as nenas e nenos de 6º de Infantil recibiron a súa orla e diploma de Infantil, pois xa pasan a primaria.






CUMPLES 3º TRIMESTRE

O martes 18 de xullo as nenas e nenos de infantil fixemos a festa de cumple que nos faltaba, pasámolo en grande.






domingo, 2 de junio de 2019

VISITAMOS A GRANXA DE BARREIROS

O pasado venres 31 de maio, os máis peques do cole, visitamos a Granxa de Barreiros, pasámolo en grande. Puideron pintar con pinturas feitas con vexetais da horta, como remolacha, verzas, cenorias,...coas que elaboraron unhas maravillosas obras de arte. Ao rematar foron un anaquiño ao bosque a xogar en columpios feitos con rodas, hamacas e outros xogos. Despóis foron vendo os animais que tiñan, entramos no galiñeiro, vimos unha camada de porquiños, demos de comer aos coelliños, vimos un cabalo e u can super grande que nos foi acompañando, Valentín.
Tamén foron ao horto a plantar remolacha, aprenderon como se facía e puxéronse mans a obra. E xa antes de marchar plantaron cada un unha planta de albahaca para levar para a súa casa.
En definitiva, pasárono moi moi ben.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos.