Boas tardes! Hoxe tamén compartimos con vós unha gran variedade de fotos que continúan chegando dende as vosas casiñas. Moitas grazas a todos e todas!
Nora, Iker e Sergio amósannos o debuxo do lugar no que lles gustaría estar porque nel séntense felices e libres. A ver se o adiviñades!
Kendra completou os cadernos de El pez arcoiris e Como mola tu escoba. Mirade canto se esforzou!
E Naiara creou varios monicreques, da Cebra Camila e outros animais. Que bonitos! Tamén recortou os de Como mola tu escoba, fixo o experimento do papel de cociña e moitas cousas máis! Mirade que chulas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario