sábado, 9 de mayo de 2020

OS VOSOS TRABALLOS

Boas tardes a todos e todas! Deixámosvos por aquí algunhas da vosas fotos. Moitas grazas a todos e todas por compartilas! 

Ainoa, Diego, David e Nora aprenderon unha chea de nomes de paxaros co conto Pájaro Amarillo e tamén crearon o seu propio paxariño de cartón. Que bonitos e orixinais! Ademais, Nora probou o experimento e conseguiu que o paxariño aumentara de tamaño! Parece maxia!





E Valentina, Claudia, Enzo, Naiara e Leo posaron cos debuxos do lugar no que lles gustaría estar. Que emotivos! Pronto os veredes todos un pouquiño máis grandes...



E, para rematar, mostrámosvos as fotos de Valentina divertíndose co conto O Grúfalo. Agardamos que o pasaras moi ben!


No hay comentarios:

Publicar un comentario