miércoles, 8 de enero de 2020

ARTISTAS MURALISTAS

Xa comeza o 2º trimestre, pero antes de nada, queremos amosarvos tres obras artísticas realizadas polas nenas e nenos da Aula da Raposa Marosa durante os meses de outubro, novembro e decembro... Trátase de 3 murais moi especiais. Dous deles formarán parte do libriño "Crocodilo" que dentro de pouco teredes na vosa casa... E o terceiro é o mural que formou parte da decoración do corredor de infantil durante o 1º trimestre. Mirade!
O "MURAL LARANXA " realizouse con témpera e con balóns, si si, con balóns que nos deixou a profe Lucía. Seguro que vos sorprende o resultado!
O "MURAL VERMELLO" está feito con moitísimos círculos! Círculos feitos con ceras, rotuladores, témpera... Non parece unha obra da artista Yayoi Kusama?
E o "MURAL DE OUTONO" que fixemos coa profe Rocío. Para facer o fondo do mural, empregamos témperas das cores do outono (amarelo, vermello, laranxa e marrón) creando unha textura moi especial, esparexando as cores cuns cartóns e facendo liñas rectas, curvas... mesturando todo moi ben. Despois pucxemos as árbores (sen follas claro) pegando papeliños na súa silueta, e por último, as nosas fotos. Que chuli quedou!