O CONTO DE
HOXE É: EL PEZ ARCOIRIS
Autor: Marcus Pfister
Editado en
galego pola Editorial Kalandraka baixo o título: O peixe arco da vella
Videoconto extraído da canle de
youtube “Infantil Gabirol”
BREVE
INFORMACIÓN DO CONTO: O peixe arco da vella é o máis fermoso de todo
o océano, ten o seu corpo cheo de escamas brillantes! Pero… a pesar da súa
beleza, síntese moi só. Gracias a un pequeno peixiño azul e ao polbo que vive
na cova descubre que para ser máis feliz e ter amigos debe compartir as súas
escamas brillantes. Deixará de ser o peixe máis fermoso e brillante pero
aprenderá que a beleza non vai por fóra, senón que está no interior.
ACTIVIDADES
RELACIONADAS: Aquí vos deixamos as propostas para traballar o conto. Coma
sempre, un pequeno proxecto elaborado por nós e tamén varias manualidades
divertidas para facer Peixes Arco da Vella. Pasádeo xenial!
I
HEART ARTS N CRAFTS: PEIXE ARCO DA VELLA CON PRATO DE PAPEL: Se premedes
enriba da imaxe poderedes acceder á web ode podedes ver paso a paso como se fai.
LEARNING
KIDS: PEIXE ARCO DA VELLA MODELADO: Podedes modelar un peixe arco da vella
con plastilina ou pasta de sal (agora xa sabedes facela), se tedes ferramentas
de plasti tamén podedes empregalas para facer o peixiño, senón podedes facelo
vós mesmos. Logo poñédeslle peciñas brillantes ou pedaciños de papel de prata (do que usades para envolver os bocadillos),
quedará chulísimo! Preme na imaxe.
CRAFTY
MORNIG: TRABALLAMOS A PSICOMOTRICIDADE FINA CO PEIXE ARCO DA VELLA: Por último
una manualidade un pouco difícil, pero que con un pouco de axuda seguro que
poderedes facela. Ide amodiño e quedará xenial! Preme na imaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario