martes, 12 de mayo de 2020

URSO, VIEIROS E MAROSA RECOMENDAN: UN CONTO CADA DÍA


O CONTO DE HOXE É: FREDERICK

Autor: LeoLionni   Editado en galego pola Editorial Kalandraka


Vídeoconto extraído da canle de youtube “Taxi Roberto Burela”

BREVE INFORMACIÓN DO CONTO: Unha familia de ratiños traballa recollendo provisións para o inverno, todos menos Frederick que parece que non fai nada. Pero sen que os demais o saiban está recollendo raios de sol, cores e palabras. Cando chega o inverno a familia entende a importancia do traballo de Frederick, porque coa súa recolleita consegue que todos pasen mellor o tempo. Desta maneira acéptano e valórano tal e como é.

ACTIVIDADES RELACIONADAS: Nesta ocasión deixámosvos unha proposta de arte para que provedes a facer collages como os de Leo Lionni, manualidades de ratiños, un teatriño de Frederick con pedras, vídeos... e tamén un miniproxecto elaborado por nós, agardamos que vos guste! Premede na imaxe para abrir o PDF.


A LITTLE PINCH OF PERFECT: Leo Lionni, o autor de “Frederick”, emprega unha técnica de collage moi divertida para ilustrar as páxinas do conto. Para conseguir un efecto parecido deixámosvos esta actividade inspirada nunha proposta recollida na web “A Little Pinch Of Perfect”. Premede na imaxe para ver os materiais e o paso a paso desta técnica artística (na imaxe veredes un collage de Frederick pero vós podedes facer o que máis vos apeteza). Se queredes toda a información seguide este enlace:



E se non temos acuarelas? Pois non vos preocupedes, empregando rotuladores e un pedaciño de plástico (ou papel de forno) podedes conseguir as vosas propias acuarelas nun minutiño. E se tedes acuarelas podedes probar igual, animádevos! Mirade o vídeo e a divertirse.


KITCHEN COUNTER CHRONICLES - TEATRIÑO CON PEDRAS: É moi sinxelo de facer e seguro que o pasaredes xenial… Frederick e os ratiños fanse con pedras e logo o teatriño podedes facelo nunha caixiña de zapatos ou sobre unha cartolina (para decorala podedes poñerlle con papeis flores, pedras, trigo, un sol…). Premede na imaxe para ver o paso a paso ou se queredes toda a información, accedede ao blog no seguinte enlace:



MANUALIADES DE RATIÑOS: E se quederes empregar materiais que teñades pola casa para facer un montón de ratiños, deixámosvos unha recompilación de manualidades extraídas de Pinterest e de dous blogs de actividades craft.


E por último, dous vídeos nos que podedes ver os contos de Frederick cantados en galego “Números” e “Cores” extraídos da Canle de Youtube de O Mundo ao Revés de Sonia Hermida.



No hay comentarios:

Publicar un comentario